Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño concede subvencións a asociacións sen fins de lucro por valor de 100.000 euros

As bases para as solicitudes veñen de ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia

As bases para as solicitudes veñen de ser publicadas no Boletín Oficial da Provincia

Fecha: 03 de Abril de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño concederá un ano máis subvencións a asociacións e entidades sen fins de lucro, que realicen actividades no ámbito cultural, deportivo e social da vila. A convocatoria, publicada onte no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, ten coma finalidade apoiar ás entidades que desenvolven actividades para promover a cultura, o deporte ou o benestar social da cidadanía do concello.

No caso das asociacións culturais, veciñais e xuvenís, as subvencións poderán ser solicitadas para financiar actividades ou proxectos que contribúan á promoción e recuperación da cultura e tradicións locais durante o 2019, coma por exemplo, a realización de actividades culturais por asociacións culturais, veciñais e xuvenís; a realización de actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural; a realización de actividades de promoción dos produtos agrícolas ou gastronómicos da zona; as actuacións tendentes á recuperación de espazos naturais e/ou de lecer, etc.

No que se refire ás asociacións deportivas, poderán ser beneficiarias da subvención os clubs e entidades federadas que participen regularmente en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións deportivas. No caso de deportistas individuais, poderán ser beneficiarios da subvención os deportistas do Concello de Tomiño recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional. Serán subvencionables os gastos federativos de 2019; gastos de arbitraxe, de transporte e aloxamento relacionados coa asistencia a competicións deportivas; de material deportivo de carácter funxible e vestimenta deportiva, etc.

As entidades de carácter social, pola súa banda, deberá solicitar as axudas para proxectos ou actividades "de especial interese cultural e social" nos que estea xustificado o financiamento municipal. Concretamente o marco de actuación da área de Benestar Social, poderanse subvencionar accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, tales coma proxectos de atención á discapacidade, atención a menores e apoio á dinámica familiar; voluntariado social, atención á inmigración, etc.

O monto destinado a estas subvencións é maior que o de anos pasados e ascende a 100.000 euros en total.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede Electrónica do Concello, ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo para a presentación de solicitudes empeza o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO (é dicir que comeza hoxe) e finalizará no prazo dun mes natural. Esta convocatoria publicarase tamén na páxina web do Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones