Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño constitúe a Mesa contra a Violencia de Xénero

Servirá para traballar de forma coordinada desde distintos ámbitos

Na reunión estiveron ademais das autoridades locais, representantes da Secretaría Xeral da Igualdade, Xefatura de violencia de xénero da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, e de Igualdade da Deputación de Pontevedra

Fecha: 21 de Junio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Á iniciativa da Oficina de Igualdade da Concellería de Servizos Sociais, o Concello de Tomiño acolleu este martes a Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, co fin de facer dela un instrumento operativo para favorecer a coordinación de todos os organismos e departamentos implicados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, dende a súa prevención e detección, ata o tratamento e seguimento posteriores.

Participaron a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella; a xefa de violencia de xénero da Subdelegación de Goberno en Pontevedra, Mª Paz Pérez Asorey, e a xefa de Igualdade da Deputación de Pontevedra, Lucía Muradas Arcay, convidadas polo Concello de Tomiño, a través da Oficina de Igualdade Municipal. A alcaldesa Sandra González, presidiu a Mesa, na que tamén estiveron a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez e membros deste departamento, así coma da Oficina de Igualdade, OMIX e Educación; representantes locais de centros educativos, sanitarios e xudiciais, da Policía Local e Guarda Civil, e do Centro de Emerxencia para Mulleres vítimas da Violencia de xénero e CIM da Guarda.

A secretaria xeral de Igualdade comezou por manifestar a súa satisfacción pola constitución dunha nova Mesa no Sur da provincia. Salientou a importancia de traballar xuntos e coordinados Concello, Xunta e Deputación, dende os diferentes ámbitos implicados no tema da violencia de xénero (sector sanitario, forzas de seguridade, traballadores sociais, etc.). "A descoordinación custa vidas, a coordinación non", dixo López Abellá. No caso do rural, e de Tomiño especialmente, "súmase o problema da gran dispersión poboacional existente e as características derivadas de ser territorio transfronteirizo, polo que a labor de coordinación debe ser aínda maior que noutros lugares", indicou.

A alcaldesa de Tomiño coincidiu coa secretaria xeral, referíndose tamén á importancia da prevención e salientando a necesidade de denunciar, polo que pediu un protocolo de actuación máis áxil e simplificado que o que se aplica moitas veces, vitimizando ás mulleres en lugar de protexelas.


A rexedora local informou que a vontade do Concello é celebrar esta Mesa cada seis meses, de maneira de manter un diálogo "fluído e permanente" entre as forzas implicadas na loita contra a violencia.

O sarxento comandante do posto da Guarda Civil de Tomiño, Pablo Piñeiro, referiuse á situación actual da violencia de xénero no municipio, comentando que os casos van en aumento e salientando a necesidade de asesorar legalmente ás mulleres no momento de preparar a denuncia, porque este é un dos problemas que retrasan os trámites, así coma a falta de habilidades sociais e o medo en outros casos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones