Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño construirá en Goián un dos maiores skatepark da provincia

No deseño contouse coa participación da mocidade do municipio que practica o deporte e complementarase coa construción dunha pista polideportiva

No deseño contouse coa participación da mocidade do municipio que practica o deporte e complementarase coa construción dunha pista polideportiva

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Febrero de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño levará a cabo a construción dunha nova área deportiva na contorna da Alameda de Goián, que estará composta por un skatepark e unha pista polideportiva. O espazo complementará outros equipamentos deportivos situados na área, como o campo de fútbol do Regatiño ou o pavillón de Goián.

A posta en marcha deste novo espazo está encadrado no marco do proxecto Máis Goián, un proxecto integral de reforma urbana que procura conectar todos os equipamentos públicos da vila a través da mobilidade peonil, situándoos a todos a menos de dous minutos de distancia camiñando, coa finalidade de crear un lugar de encontro para a veciñanza que constitúa o centro neurálxico da vida social e comercial de Goián.

O concelleiro de Planificación Estratéxica e Acción Urbana, Uxío Benítez, destaca o xeito no que se levou a cabo a planificación do proxecto do skatepark, onde foi fundamental a consulta cidadá. “Quixemos contar coa opinión da mocidade do municipio que practica estes deportes para saber que tipo de parque querían e con que elementos e compoñentes debía contar para que a práctica puidese realizarse nas mellores condicións posibles. Desde o Concello agradecemos a súa participación no proceso e valoramos moi positivamente as súas aportacións”, comenta.

Do mesmo xeito, para a elaboración do proxecto contactouse co asesoramento de expertos do deporte e empresas especialistas, participando no deseño un dos técnicos organizadores do recoñecido evento de cultura urbana e deportes extremos “O Marisquiño”.  O obxectivo é conseguir un equipamento atractivo e que permita un uso que vaia desde o nivel inicial ao avanzado, converténdoo nun dos skatepark referentes a nivel provincial e galego para a práctica de disciplinas freestyle sobre rodas coma o skate, bmx, scooter ou roller.

Desde o Concello informan que esta nova zona deportiva terá un uso escolar preferente pola mañá, polo que a área suporá tamén un aumento dos equipamentos e espazos cos que contará o CEIP Pintor Antonio Fernández.

O custo total da construción da nova área deportiva será de 229.364,12 euros, e será financiado ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí