Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño continúa celebrando con éxito a súa -Semana da Árbore-

O coñecido como -Carballo de Vilar-, convertido en escultura pola artista búlgara Liiliya Pobornikova, será presentado de forma oficial o vindeiro sábado

O coñecido como -Carballo de Vilar-, convertido en escultura pola artista búlgara Liiliya Pobornikova, será presentado de forma oficial o vindeiro sábado

Fecha: 26 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño continúa celebrando até o vindeiro sábado, a "Semana da Árbore", organizada dende a Concellalía de Medio Ambiente, con motivo do Día Internacional da Diversidade Biolóxica".

Dende o pasado luns, veñen celebrándose, con éxito de público e participación, diferentes actividades, coma conferencias; presentación do Catálogo de árbores senlleiras de Tomiño, e do proxecto escolar "As nosas amigas as plantas", de Acubam (Asociación Cultivos Baixo Miño).


Estas dúas últimas tiveron lugar onte, mércores 24 de maio, no mercado municipal. Xurxo Mouriño, presentou o catálogo de árbores senlleiras, resultado dun longo traballo de investigación, con 120 especies arbóreas inventariadas.


Pola súa banda, Patricia Rodríguez, presidenta de Acubam, presentou o proxecto "As nosas amigas as plantas", levado a cabo en todos os colexios do municipio, con grande éxito.

Mañá, venres 26 de maio, no auditorio de Goián, proxectarase a película "O bosque animado" e a curta divulgativa "Vive o bosque", presentada por Suso Cubeiro, ilustrador e divulgador medio ambiental.


A semana rematará o sábado coa as primeiras Xornadas de Compostaxe, na Praza do Seixo, con reparto de compost procedente dos primeiros composteiros comunitarios de Tomiño (situados nos núcleos urbanos). Tamén participará o programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, a través dun stand informativo. As actividades estarán amenizadas coa actuación do grupo de gaitas "Airiños novos de Pinzás".
Por último, presentarase a obra da escultora Liiliya Pobornikova, realizada coa árbore coñecida como "Carballo de Vilar". Será ás 12 do mediodía na rúa Daniel Calzado.

A concelleira de Medio Ambiente, Mª Xosé Vázquez, explica que o obxectivo desta semana é dar a coñecer e divulgar, de maneira especial entre os máis pequenos, unha parte importante do patrimonio natural de Tomiño, neste caso as súas árbores e a súa paisaxe natural.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones