Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño convértese no primeiro concello Mecenas da Casa de Rosalía

Este mediodía a alcaldesa do municipio arraiano, Sandra González, vi-sitou a Casa-Museo de Rosalía, onde foi recibida polo seu presidente Anxo Angueira

Este concello xa apoiara a creación da Casa Museo en 1953 con 500 pesetas e en 1971 cunha achega de 2.000 pesetas

Fecha: 14 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, visitou esta mañá a Casa-Museo Rosalía de Castro para confirmar que se converterá no primeiro concello Mecenas da Casa de Rosalía, tal e como aprobou o pleno do Concello o pasado 26 de decembro. Este acordo forma parte do proceso de subscrición popular para implicar a empresas, entidades públicas e persoas individuais na mellora e no sostemento da causa común da Casa da Matanza, "que é a causa común de Galicia", en palabras do seu presidente Anxo Angueira.

En virtude deste acordo, polo que o Concello de Tomiño achega 2.000 euros, tanto os escolares do municipio como as asociacións culturais poderán ter visitas guiadas de balde á Casa de Rosalía. Con esta decisión Tomiño refrenda así o seu compromiso histórico con esta institución, dado que xa apoiara economicamente a súa creación en 1953 cunha doazón de 500 pesetas e en 1971 -previa á apertura da Casa-Museo- de 2.000 pesetas.

Centos de persoas de todo o país -e máis alá- xa se converteron en Amigas da Casa de Rosalía ao apoiar desde 20 euros ao ano a independencia económica e cultural desta institución, así como a súa sostibilidade financeira. A subscrición popular está a ser un grande éxito e moitos pequenos negocios tamén son xa Protectores (desde 60€/ano), así como varias grandes empresas da comarca, que xunto cos concellos poden exercer de Mecenas da Casa a partir de 1.000 euros ao ano.

Segunda subscrición popular

A Casa de Rosalía está sostida pola Fundación Rosalía de Castro, unha fundación privada sen ánimo de lucro que foi creada en 1947 por persoas vencelladas ao ga-leguismo nos tempos difíciles da ditadura. A apertura da Casa-Museo en 1972 só foi posible grazas á colaboración económica de familias e empresas e institucións de todo o país e do mundo da emigración.

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 60 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, o Celta de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. Ao final, colleitouse un total de 994.043 pesetas en 1971.

Case 50 anos despois esta institución -que non recibe financiamento público regular que asegure o seu mantemento anual nin o seu futuro- quere reafirmarse na súa independencia económica e cultural e no apoio das xentes comprometidas co país e coa súa cultura.

Autofinanciamento do 41%

A Casa-Museo xa ten unha taxa de autofinanciamento do 41% (2018, que evolu-ciona desde un 20% en 2012), cifra considerable na nosa contorna cultural, "mais entendemos que cómpre aínda percorrer camiño na procura dun mellor servizo a prol da difusión do legado de Rosalía e da súa familia", afirma Anxo Angueira, presidente da Fundación. A evolución das visitas á Casa tamén é positiva: incrementáronse desde 2012 ata 2018 nun 237% (de 8.655 a 20.571).

A Fundación Rosalía quere continuar neste vieiro para "asegurar o seu presente e, sobre todo, o seu futuro, para seguir avanzando na mellora da Casa-Museo, da súa xestión e dos seus servizos", continúase desde a Fundación, que afirma que é xa un dos museos galegos máis visitados "e debe estar na vangarda cultural e ser un referente a nivel nacional e tamén internacional".

Anxo Angueira, referencia actual da institución rosaliana, salienta que "aínda que somos escoitados polas institucións públicas de Galicia, queremos que o esforzo colaborativo sexa tamén un esforzo comunal e compartido polo pobo galego, que sempre foi xeneroso con todo o que tiña que ver con Rosalía para que a Casa da Matanza e as súas instalacións sexan dignas da figura que representan".

A Casa de Rosalía incrementou exponencialmente os proxectos e actividades desde 2012. Alén da desexada reforma do interior da Casa e da súa renovada musea-lización, catalogouse e dixitalizouse todo o fondo documental e acondicionouse unha sala para o arquivo, que xa está a disposición dos investigadores; dinamizouse a súa presenza na web e nas redes sociais; incrementouse o seu patrimonio coa chegada de novos obxectos, artísticos ou non, como o cadro de Brocos e diferentes pezas de Ovidio Murguía; publicouse a súa Obra completa, entre outros libros; relanzouse a celebración do Día de Rosalía e puxéronse en marcha ducias de actividades ao longo do ano: a homenaxe ao mundo do mar, o festival Abride a Fiestra, alén de múltiples exposicións, conferencias, roteiros, teatralizacións e visitas guiadas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones