Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño dedicará máis de medio millón de euros á compostaxe e case un millón á asistencia social

O goberno local leva a pleno antes de final de ano os orzamentos máis altos da súa historia: 8.200.000 euros

O goberno local leva a pleno antes de final de ano os orzamentos máis altos da súa historia: 8.200.000 euros

Fecha: 21 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño xa ten listos os seus orzamentos para 2020. Preséntaos en tempo e forma, converténdose nun dos primeiros da comarca en levalos ao pleno; concretamente, o día 26.

Trátase dos orzamentos máis altos da historia de Tomiño, xa que ascenden a 8.200.000,00 euros, o que supón un incremento de máis dun 11% con respecto ao ano anterior. Uns orzamentos de marcado carácter social, xa que este capítulo que máis crece é o de asistencia social primaria, pasando de 750.000 euros a 940.000 euros, cun incremento do 25% con respecto ao ano pasado e dun 35% respecto ao de hai dous anos. Este grande incremento vén dado en boa medida polo incremento na partida do Servizo de Axuda no Fogar, que pasa de 450.000 a 600.000 euros.

O capítulo de investimentos duplícase con respecto ao ano pasado, superando o millón de euros euros. "A grande aposta deste mandato vai ser o Plan Revitaliza de compostaxe dos residuos sólidos urbanos, na súa segunda fase, cun importe de 550.000 do que a Deputación subvenciona 450.000", apunta o concelleiro de Facenda, Uxío Benítez. A posta en marcha da mellora na xestión do lixo, mediante a implantación do Plan Revitaliza (Liña 2), tentará alcanzar o 100% da compostaxe da materia orgánica xerada no concello, coma están a tentar facer outros cinco municipios da provincia.

Asemade, investirase novamente no Plan Municipal de Mellora dos camiños nas parroquias. 91000€ e no Plan de actuación nos servizos públicos de auga e saneamento, 100.000€; destinando ademais outros 90.000€ para Melloras de eficiencia enerxética no alumeado público.

Por outra banda, o goberno local continúa a apostar pola educación como eixo estratéxico, polo que os orzamentos para 2020 reservan unha partida de 60.000 euros para o Plan da Mellora dos Colexios do municipio, que inclúe programas de actividades extraescolares gratuítas para o alumnado, apoio psicolóxico a menores do municipio ou axudas a principios de curso para a compra de material escolar, ademais das obras de mantemento e mellora que se realizan durante o verán.

Outra boa noticia é que os impostos e taxas manteranse conxeladas, e que no capítulo de persoal, prevese un incremento do 2% dos salarios aos funcionarios públicos.

"Trátase dun plan de investimentos moi ambicioso que contempla a execución e remate de obras por todo o municipio, coas que se procura recuperar o espazo público para as persoas e lograr unha mobilidade peonil sustentable e unha maior calidade de vida", explica o concelleiro de Facenda, Uxío Benítez.

Importantes obras nas que o goberno local traballou arreo para conseguir financiación e entre as que se contan, entre outras, o acondicionamento da contorna da praza de Figueiró (pendente de adxudicar); acondicionamento da contorna da igrexa de San Xoán de Amorín (case rematada); melloras no campo de fútbol do Alivio (en execución); conservación e mellora do edificio de Benestar Social (en execución); rehabilitación enerxética Escola Obradoiro (por empezar); melloras da seguranza viaria na estrada de Estás; ampliación e mellora da accesibilidade á Alameda de Goián Fase II (en execución), etc.
Tamén están pendentes de contratar as obras de reconfiguración do núcleo de Goián e de mellora da mobilidade e seguranza viaria na Praza do Seixo e contorna, que suman entre ambas as dúas máis dun millón de euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones