Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño dota de novos colectores verdes e de recollida selectiva aos núcleos de O Seixo e Goián

Con este reforzo, superase tamén o obxectivo de duplicar a capacidade de recollida de envases en ambos núcleos, chegando ás 12 toneladas anuais

Con este reforzo, superase tamén o obxectivo de duplicar a capacidade de recollida de envases en ambos núcleos, chegando ás 12 toneladas anuais

Fecha: 18 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Durante o mes de abril a Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, procedeu á instalación de 25 novos colectores de envases de carga lateral nos núcleos urbanos de O Seixo e Goián. Cada un dos novos envases ten unha capacidade de 2400 litros e vén a substituír ós colectores de envases de 800 litros que había até o de agora.

No núcleo urbano de Goián, situáronse 12 colectores de carga lateral e retiráronse os existentes de menor capacidade, en dez lugares diferentes, ben por ser esta capacidade insuficiente para cubrir as necesidades de recollida, ben polo seu mal estado.

Tamén se crearon dous novos puntos de recollida de envases, que antes so contaban con colectores verdes (fracción resto). No núcleo urbano de O Seixo, dispuxéronse 13 colectores de carga lateral, substituíndo os 12 colectores existentes, danados ou insuficientes para satisfacer a demanda cidadá, e creouse un novo punto de recollida. Con este reforzo, superase o obxectivo de duplicar a capacidade de recollida de envases en ambos núcleos.

A reciclaxe desta fracción de envases ten aumentado máis dun 10% no Concello de Tomiño dende o ano 2015, recolléndose actualmente en torno a 12 toneladas de envases ó ano. "Co aumento da capacidade de recollida, e unha mellor información, agárdase acadar máis melloras nas cifras de recollida selectiva no futuro", explica María Xosé Vázquez, concelleira de Medio Ambiente.

Esta actuación completarase cunha segunda fase, que terá lugar durante os meses de maio e xuño, cun incremento de colectores da fracción envases, tamén nas áreas máis rurais de O Seixo e Goián, así coma no resto das parroquias do municipio.

O Concello considera un dato moi positivo que exista unha demanda cidadá de máis colectores de recollida selectiva. "Esta demanda implica unha maior concienciación da poboación e unha mellora substancial da separación en orixe do lixo doméstico" advirte a concelleira.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones