Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño e Cerveira celebran o seu terceiro Simposio Internacional de Escultura do Miño

O certame celebrarase entre os días 11 e 30 de xuño e terá lugar en Tomiño (Espazo Fortaleza. Goián)

O certame celebrarase entre os días 11 e 30 de xuño e terá lugar en Tomiño (Espazo Fortaleza. Goián)

Fecha: 04 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño acollerá do 11 ao 30 de xuño, a terceira edición do Simposio de Escultura do Miño; unha iniciativa conxunta dos Concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, no terreo das artes.

Onte ao mediodía, na Casa do Concello tomiñesa, presentaron o certame os rexedores de Cerveira e Tomiño, Sandra González e Fernando Nogueira, respectivamente, acompañados polas concelleiras de Cultura dos dous municipios fronteirizos.

No simposio 2018, participarán seis escultores de distintas partes do mundo: Zhao Li, de China, Zdravko Zdravkov, de Bulgaria, Georgi Minchev, tamén de Bulgaria, Ghueorgiu Filin, de Italia, Batu Isidore Shiharulidze de Estados Unidos e Remigio Dávila nacido en Vigo. As súas propostas foron seleccionadas entre unha ducia de proxectos, indicadores da relevancia alcanzada polo simposio tamén no estranxeiro.

Durante a presentación os alcaldes referíronse ao Simposio Internacional de Escultura do Miño, coma "un encontro consolidado que pon en valor e da visibilidade non só aos concellos organizadores, senón a toda a comarca".

Nesta 3ª edición participarán seis escultores de diferentes partes do mundo"Este simposio exemplifica a boa acollida das programacións e actividades conxuntas entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira; dúas poboacións ligadas histórica e xeograficamente, que hoxe comparten políticas para veciños e veciñas e consolidan amizades que veñen existindo dende tempos inmemoriais", comentou a alcaldesa de Tomiño.

Pola súa banda, o presidente da Cámara de Cerveira, explicou que os artistas, coma vén sendo habitual, traballarán ao longo de dúas semanas nas que compartirán estadía e amosarán a súa mestría ao público, dando vida a seis novas obras de arte que pasarán a formar parte do patrimonio escultórico das vilas. "Este é un proxecto conxunto moi valioso para nós e que permanecerá nos nosos municipios, con achegas artísticas que veñen a enriquecer o patrimonio local", comentou Nogueira.

A título de novidade, as concelleiras de Cultura, comentaron que esta edición terá coma novidade a inclusión, por vez primeira, dunha escultura elaborada en bronce, que virá a sumarse ás xa tradicionais, realizadas en pedra.

Por último, os presentes agradeceron a labor de coordinación da escultora afincada en Tomiño Lili Pobornikova, coma a dos escultores Nando Álvarez e Vítor Reis, no asesoramento para levar o certame a un nivel de calidade cada vez máis alto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí