Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Cerveira dan un paso máis na cooperación transfronteiriza coa creación dunha Eurocidade

O pleno aprobou por unanimidade este -proxecto de futuro- que busca dar un paso máis na xestión compartida de equipamentos e servizos públicos, dando prioridade á participación cidadá

O pleno aprobou por unanimidade este -proxecto de futuro- que busca dar un paso máis na xestión compartida de equipamentos e servizos públicos, dando prioridade á participación cidadá

Fecha: 26 de Mayo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de aprobar en pleno e por unanimidade a ‘Constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño', "un proxecto de futuro" co que se busca seguir avanzando na actual cooperación transfronteiriza e na xestión compartida de equipamentos e servizos. "Trátase dun paso importantísimo para os dous municipios e dende o Concello agradecemos ese voto de confianza, ese apoio unánime a esta iniciativa, xa que non é soamente un acordo para algo puntual, senón un proxecto de futuro que beneficiará en moitos aspectos a ambos os dous municipios", explicou Sandra González, alcaldesa de Tomiño.

Coa redacción deste documento para constituír unha Eurocidade conxunta entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira o goberno municipal segue a traballar man a man cos seus veciños portugueses para facilitar a vida da cidadanía nas dúas beiras do río. Para conseguilo formalizarase un convenio que recolla a nova denominación de Eurocidade Cerveira-Tomiño para promover de forma conxunta a cooperación institucional, a valorización do patrimonio natural e cultural, a xestión compartida de equipamentos e servizos públicos ou o planeamento estratéxico do territorio, ente outros aspectos.

Desde a súa posta en marcha, a cooperación transfronteiriza entre Tomiño e Cerveira ten como prioridade a participación pública e activa da cidadanía. En 2014 ambos os dous municipios subscribiron a ‘Carta da Amizade', un documento que recoñecía esta cooperación territorial como un dos medios máis eficaces para a aproximación das poboacións fronteirizas, a supresión das dificultades que implican todas as fronteiras e a promoción do desenvolvemento económico, social e cultural.

Con este obxectivo, ambos os dous municipios levan anos sacando adiante iniciativas conxuntas como a figura da Valedora Transfronteiriza ou o Orzamento Participativo Transfronteirizo, enmarcado nun proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones