Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Cerveira poñen en marcha a 2ª edición de -Deporte/Desporto para Todos

A matrícula está aberta a partir desta semana. As sesións serán de hora e media, unha vez por semana en Vilanova e outra en Tomiño

A actividade pertence á Axenda Estratéxica que centra o esforzo de ambas rexións para conseguir unha xestión compartida de servizos locais, formación e actividades culturais e deportivas

Fecha: 10 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Tras o éxito alcanzado o pasado ano polo programa transfronteirizo "Deporte/Desporto para todos", o Concello de Tomiño pon en marcha nestes días, conxuntamente coa Cámara Municipal de Cerveira, a segunda edición do evento.

"Con este proxecto pretendemos ofrecer á comunidade maior de 55 anos de Vilanova de Cerveira e Tomiño unha actividade deportiva saudable, controlada e adaptada; propomos deste xeito, diferentes actividades deportivas como baloncesto, fútbol, atletismo, natación, actividade funcional, xogos tradicionais e tamén outras actividades esporádicas, coma andainas e taichí, entre outras", explica o concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño, Ismael Troncoso.

A presente edición comeza estes días. As sesións serán de 1h30minutos, unha vez por semana en Vilanova de Cerveira e outra en Tomiño.

 

Este proxecto xurde a través da competición europea "Olympics4all" (competición deportiva para persoas maiores de 55 anos), que se celebrou no mes de setembro de 2015, e no que Cerveira e Tomiño participaron cun equipo formado por 30 persoas.

Esta é unha das numerosas actividades comprendidas dentro da Axenda estratéxica Cerveira-Tomiño, que centra o esforzo de ambas rexións para conseguir unha xestión compartida de servizos locais, a dinamización da economía local trasfronteiriza e capacitación, baixo o lema Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto europeo (da candidatura conxunta ao Programa Operativo Europeo de Cooperación Trasfronteiriza (POCTEP)- INTERREG V-A , nutrido con fondos FEDER) que busca fortalecer a cooperación entre ambos municipios en distintos ámbitos de traballo.

As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a mauro.goian10@gmail.com ou chamar ao teléfono 680352900.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones