Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Cerveira poñen en marcha un programa piloto para compartir servizos públicos

A iniciativa permitirá aos habitantes dos municipios limítrofes dispor dunha oferta atractiva e complementaria

Tomiño ofrecerá as escolas municipais de música e teatro, e Cerveira, a súa piscina climatizada

Fecha: 10 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Máis de 20.000 habitantes dos municipios limítrofes de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, poderán beneficiarse do programa piloto "PINGAS DE AUGA POR NOTAS DE MÚSICA", que ambos concellos están a por en marcha, no marco da AXENDA ESTRATÉXICA DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRZA CERVEIRA-TOMIÑO, presentada á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal POCTEP-INTERREG VA .

Esta experiencia piloto foi presentada este mediodía pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a concelleira de Cultura de Cerveira, Aurora Viaes, nun acto celebrado no Auditorio de Goián coa presenza doutras autoridades municipais e membros da Agrupación Musical de Goián, que improvisaron un cumpleanos feliz para o seu novo director, Pedro Villarroel.

Segundo explicou a rexedora tomiñesa, esta experiencia piloto se realiza sobre a oferta de dous servizos concretos xa existentes: a piscina municipal de Cerveira e as escolas de música e teatro de Tomiño, a un conxunto de 23.500 habitantes de ambos concellos.


Viaes, pola súa banda, salientou o valor de contar cunha oferta ampla e complementaria de servizos, sen gastar innecesariamente, e "crecendo en conxunto".

Deste modo, a veciñanza de Cerveira disporá a partir de agora, dunha oferta de ensino en materia de música e teatro, e a de Tomiño, dunha piscina climatizada. Ambas públicas.


"Os beneficiarios disporán de máis servizos, accesibles e asequibles; en especial, colectivos de persoas maiores, mozos e mozas en idade escolar, persoas con discapacidade, etc. ", explicou a alcaldesa Sandra González. Segundo comentou, estes colectivos gozarán de accións promocionais concretas para garantir ao seu acceso aos servizos compartidos. Nun futuro se elaborarán itinerarios singularizados por cada grupo, cos horarios mais idóneos para cada un, modos de transporte adaptado, monitores especializados, etc.

Ao mesmo tempo, os cidadáns poderán acceder á matricula de cada un dos equipamentos, nun lugar físico do seu propio concello, sen ter que desprazarse.


Nas próximas semanas, levaranse a cabo sendas campañas de difusión, a un e outro lado da fronteira, para informar á cidadanía das vantaxes d programa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones