Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO E CERVEIRA SEGUEN ADIANTE COS GRUPOS DE TRABALLO, DOS QUE SAIRÁN PROXECTOS EUROPEOS PARA UNHA NOVA CANDIDATURA CONXUNTA

Axenda estratéxica de cooperación transfronteiriza Tomiño-Cerveira.

Axenda estratéxica de cooperación transfronteiriza Tomiño-Cerveira.

Fecha: 06 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño e a Câmara de Vila Nova de Cerveira presentaron una candidatura conxunta á iniciativa europea POCTEP-EURORREG. Na mesma foron incluídas ideas recollidas nos FOCUS GROUP (grupos de traballo) realizados o pasado ano en ambos municipios.

Coa idea de establecer liñas de traballo en tres campos diferentes (cultura e mocidade - servizos sociais - educación), para a redacción de tres novos proxectos, estanse a celebrar sendas reunións dos grupos de traballo a un e outro lado da fronteira. A idea é que os futuros proxectos de cooperación xurdan como resultado dun traballo participativo entre xente de ambas beiras do río, co gallo de diluír fronteiras, colaborando para a xeración de ideas.

Con este obxectivo, o día 19 de abril pasado, reuníase na Casa da Cultura de Tomiño o primeiro grupo de traballo, en torno ao tema da Educación, e o, 3 de maio, facía o propio o segundo grupo de traballo, para tratar temas de Cultura e Deporte.

Destas xuntanzas xurdiron moitas ideas e propostas que, despois de estudar a súa viabilidade, poderían dar lugar a proxectos para unha candidatura europea común. A título de exemplo, cítanse algunhas desas ideas ou propostas:

- Que durante o período lectivo o alumnado portugués e galego poda cartearse (cadaquén no seu idioma) e intercambiar fotos, libros etc.

- Celebrar convivencias internacionais en parques ou outros espazos públicos durante uns días.

- Organizar xornadas ou Encontros sobre temas de interese común.

- Elaborar un dossier sobre educación, por parte do Concello de Tomiño e Cámara Municipal de Cerveira, cos recursos, servizos e programas educativos de ambas beiras para que se coñezan as ofertas que existen dun e doutro lado.

- Estudar en profundidade o ámbito legal no tocante ao troco de alumnado/profesorado para participar en actividades educativas no país veciño.

- Que os centros educativos de Tomiño tenten ofertar aulas de portugués (xa que en Cerveira impártense aulas de español nos colexios públicos).

- Crear unha axenda de deporte escolar en conxunto.

- Realizar encontros musicais entre infancia e mocidade.

- Organizar un campus de fútbol municipal conxunto para nenos e nenas de Tomiño e Cerveira.

- Etc.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones