Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño e Tui recibirán máis de 334.000 ? ao abeiro da liña 1 do -Plan Concellos 2017-

334.110,92 ? para que os concellos de Tomiño e Tui poidan, entre outras cuestións, realizar o saneamento e mellorar a pavimentación de núcleos rurais así como adquirir material informático.

334.110,92 ? para que os concellos de Tomiño e Tui poidan, entre outras cuestións, realizar o saneamento e mellorar a pavimentación de núcleos rurais así como adquirir material informático.

Fecha: 12 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O goberno de Carmela Silva aprobou destinar preto de tres millóns de euros para levar a cabo vinte proxectos e investimentos en trece concellos da provincia de Pontevedra. Baiona, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Lalín, Mondariz-Balneario, Moraña, Pazos de Borbén, Poio, O Porriño, Sanxenxo, Tomiño, Tui e Vilanova de Arousa serán os beneficiarios destas achegas enmarcadas na liña 1, investimentos, do "Plan Concellos 2017". Carmela Silva subliñou que "con esta relación levamos xa aprobados investimentos para os concellos da provincia por valor de 10.631.582,03€ da liña 1 do Plan Concellos, é dicir, o 41,29% do total correspondente a esta liña, que este ano ascende a 25.750.000 €".

En concreto, aprobáronse achegas por valor de 334.110,92 € para que os concellos de Tomiño e Tui poidan, entre outras cuestións, realizar o saneamento e mellorar a pavimentación de núcleos rurais así como adquirir material informático.

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que Tomiño se beneficiará dunha achega de 212.962,95€ a través da cal se vai realizar o saneamento dos núcleos de Vilachán e Sanomedio. Con estes proxectos e os xa aprobados ata o momento, Tomiño, tal e como manifestou Silva, ten xa o 38,53% do orzamento correspondente ao Plan Concellos aprobado.

No caso de Tui as achegas ascenden a 121.147,97 € a través dos cales o concello porá en marcha a mellora da pavimentación que une os núcleos de As Chans (Randufe) con Circos (Pazos de Reis) así como o subministro de material e software informático para o concellos. Silva informou, ao respecto, que ata o momento Tui ten aprobado o 37,68% do orzamento correspondente ao Plan Concellos deste ano.


LIÑA 2
O goberno de Carmela Silva aproba tamén axudas por valor de 629.884,60 € para que 16 concellos poidan levar a cabo amortizacións, pagamento de débedas e gasto corrente así como gastos derivados da realización de actividades culturais,deportivas ou sociais ao abeiro da liña 2. En concreto, beneficiaranse destas achegas Cuntis, Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, Meis, Mondariz, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Pontecesures, Sanxenxo, Soutomaior, Tui, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Carmela Silva subliñou que "con esta relación levamos xa aprobados investimentos para os concellos da provincia por valor de case tres millóns de euros da liña 2 do Plan Concellos, é dicir, preto do 50% do total correspondente a esta liña, que este ano ascende a 6.180.000 €".

Máis polo miúdo, tal e como informou Silva, os concellos do Oia, Tui e A Guarda recibirán 91.397,49 €. A Deputación de Pontevedra achegará 65.045,63 € a Oia para a limpeza dos edificios municipais e o consumo eléctrico. Pola súa banda, Tui beneficiarase de 20.351,86 € para a intervención na ponte de Mosteiro de Pexegueiro, para o Entroido, a Cabalgata Internacional de Reis e o campamento de verán. No caso da Guarda, recibirá 6.000 € da Deputación de Pontevedra para investir na Feira do Libro e en actividades musicais nas prazas da vila.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones