Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño é un dos concellos beneficiarios na compra de equipamento de emerxencias por parte da Xunta

Remolques para a súa utilización polas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e servicios de emerxencia municipal

Remolques para a súa utilización polas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e servicios de emerxencia municipal

Fecha: 21 de Noviembre de 2018

Fuente: Xunta de Galicia - Delegación

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da cesión de equipamento de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñen Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), concedidas ao abeiro da ORDE do 2 de agosto de 2018.

No que atinxe a provincia de Pontevedra a Xunta inviste preto 91.000 euros na compra de seis remolques para a atención a emerxencias para os concellos de Cambados, Marín, Moaña, Ponteareas, Ribadumia e Tomiño. Unha cifra que no conxunto de Galicia ascende a 869.049 euros, destinados á adquisición de equipamento para 35 municipios de menos de 50000 habitantes. Esta inversión está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

É preciso sinalar que estes remolques contan cunhas características específicas que os fan idóneos para a intervención nas emerxencias, principalmente producidas debido a temporais e inundación, xa que están equipados con electro bomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserra, rozadora manual, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización. Asemade, ao ser dunhas dimensións reducidas poden desprazarse a calquera núcleo de poboación, aínda que as vías sexan estreiras.

O obxectivo é que estes equipamentos de emerxencias sexan utilizados polas AVPC en programas de prevención de riscos e primeiras intervencións en emerxencias, fundamentalmente provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais, previndo danos aos cidadáns, aos seus ben e ó ambiente ou, no caso de que estes se actualicen, a minorar as súas consecuencias no posible.

Neste senso, cómpre lembrar que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, é o departamento encargado de xestionar as competencias que en materia de protección civil ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia e, mais especificamente, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior encadrada na súa estrutura.

En calquera tipo de emerxencias é conveniente contar en determinados momentos, ademais dos propios medios da Comunidade autónoma con outros dos que esta non dispón, optimizando recursos e orzamentos, colaborando cos concellos en materia de protección civil e emerxencias, na prevención de riscos e na intervención naqueles casos que os riscos se actualizan converténdose en graves accidentes e emerxencias.

Os servizos municipais non sempre contan con todos os medios necesarios e, menos aínda, con recursos máis técnicos e especializados, polo que é necesario poder dotalos dun equipamento adecuado que posibilite e redunde nun mellor coñecemento das áreas de intervención ante determinadas emerxencias co fin de acadar un maior grado de seguridade para os seus membros e para a poboación afectada.

Na liña marcada pola Unión Europea a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza executou máis de 10 millóns euros, no que vai desde o ano 2015 ao 2018 no programa cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional "FEDER".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones