Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño elaborará o seu Plan de Mobilidade Sustentable coa colaboración da veciñanza

A cidadanía pode achegar as súas opinións a través dunha enquisa online ou participando nos obradoiros que se celebrarán o vindeiro xoves 3 de outubro no salón de plenos do Concello e no Centro Goianés

A cidadanía pode achegar as súas opinións a través dunha enquisa online ou participando nos obradoiros que se celebrarán o vindeiro xoves 3 de outubro no salón de plenos do Concello e no Centro Goianés

Fecha: 26 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño segue a dar pasos cara adiante para implantar formas de desprazamento máis sustentables e que garantan a calidade de vida da cidadanía. E quere facelo escoitando as ideas, opinións e suxestión da propia veciñanza. Por este motivo e dentro da redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sustentable, vén de poñer en marcha dúas accións para recoller información sobre os hábitos de mobilidade dos seus veciños e veciñas: unha enquisa online e varios obradoiros participativos. O obxectivo é "adaptar a estrutura urbana do municipio ás necesidades da veciñanza, tanto daquelas persoas que se moven a pé como daquelas que empregan outros medios de transporte nos seus desprazamentos", salienta Uxío Benítez, concelleiro de Planificación Estratéxica e Acción Urbana.

Participa!
Para analizar os hábitos de mobilidade da cidadanía e recibir as súas propostas e demandas, o concello puxo en marcha un cuestionario online (https://tomino.gal/plan-de-mobilidade-sustentable/ ) a través do que todas as persoas que viven ou traballan en Tomiño poden explicar o tipo de desprazamentos que fan, o tipo de transporte que empregan ou mesmo a frecuencia. A idea é que, ata o 2 de outubro, a veciñanza poida deixar reflexadas tamén as súas suxestións e que estas sirvan para trazar a folla de ruta deste plan de mobilidade urbana, un plan que mellore a conexión non soamente entre as distintas parroquias tomiñesas, senón tamén cos concellos da contorna. Aquelas persoas que o desexen tamén poden deixar as súas suxestións enviando un correo electrónico a tomino@plandemobilidade.com.

Por outra banda, o vindeiro 3 de outubro o salón de plenos do Concello e o Centro Goianés acollerán unha serie de obradoiros participativos de libre acceso e abertos a toda a veciñanza e ao tecido asociativo no que todas as persoas participantes poderán dar a coñecer as súas opinións, inquedanzas, queixas... con respecto "á mobilidade dentro do concello tomiñés, dende a seguridade viaria ou o aparcamento ata as sendas peonís e ciclistas, a conxestión viaria e o transporte público, entre outras cuestións".

Estes talleres celebraranse pola mañá (12.00 h) no salón de plenos de Tomiño e xa pola tarde no Centro Goianés (17.30 h) e de novo no salón de plenos da casa consistorial (20.00 h). Durante esta xornada o equipo redactor do plan tamén dará a coñecer os primeiros resultados recollidos a través das enquisas presenciais, online e do traballo de campo.

Plan de Mobilidade
Con este Plan de Mobilidade Urbana Sustentable promoverase a recuperación de espazos públicos para as persoas, seguindo a liña xa iniciada polo Goberno local de Tomiño e que busca crear proximidade e "xerar un espazo público vivo, fomentar o atractivo do transporte sustentable como a bicicleta, evitar infraestruturas que obriguen a o uso dos vehículos privados ou adoptar espazos e velocidades que permitan a convivencia de todos os medios de transporte".

Este proxecto está financiado ao 75% pola Deputación de Pontevedra a través das axudas para impulsar a planificación estratéxica da mobilidade urbana fomentando sistemas sustentables que dean resposta as novas realidades sociais e territoriais e facilitando o acceso da cidadanía a bens, servizos e equipamentos aos que teñen dereito.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones