Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño -En negro contra as violencias-

Campaña co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Campaña co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Fecha: 16 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O concello adhírese a esta campaña de sensibilización, na que se incluirán actividades como a lectura dun manifesto o 24 de novembro na Praza do Seixo.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acaba de asinar o protocolo de adhesión do concello tomiñés á campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias', unha iniciativa que co gallo do 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, tinguirá de loito a localidade para visibilizar e denunciar o máximo expoñente da desigualdade que sofren as mulleres: a violencia de xénero.

Entre o 23 e o 26 de novembro, Tomiño, xunto a outros máis de 70 concellos e 3 deputacións de toda Galicia, levará o negro aos escaparates, ás redes sociais ou mesmo á roupa de traballo dos e das comerciantes en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia machista e como resposta á máis dura das súas consecuencias, a morte. No que vai de ano as violencias machistas custáronlle a vida a 44 mulleres e 8 menores.

Ao abeiro desta campaña, o vindeiro 24 de novembro Tomiño acollerá a lectura dun manifesto que por primeira vez será único para todos os concellos participantes na iniciativa. Será a alcaldesa, Sandra González, a encargada de ler este manifesto ás 12.00 horas na Praza do Seixo, ao que está invitada toda a cidadanía.

A programación da campaña completarase coa celebración dunha sesión de Contacontos pola igualdade no Mercado Municipal o 25 de novembro a partir das 19.00 horas e coa actividade ‘Contamos todas' desenvolta pola Tropa de trapo para o alumnado de 4º da ESO do IES Antón Alonso Ríos o 28 de novembro.

Con estas actividades e a sinatura do protocolo de adhesión este martes no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela, o Concello de Tomiño continúa co seu compromiso coa igualdade tras a constitución da Mesa Local Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e a aprobación do seu III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes, que busca a igualdade efectiva en eidos tan diversos como o político, o económico ou o sociocultural.

A campaña ‘En negro contra as violencias', que foi presentada o pasado día 7 no Parlamento Europeo, naceu no ano 2015 co obxectivo de sensibilizar contra esa lacra e de implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva contra a violencia de xénero. A iniciativa, que tinguirá de loito o mapa galego, contempla ademais difundir materiais específicos a través dos distintos establecementos e axentes sociais para incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero.

Máis información en ennegrocontraasviolencias.gal .
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones