Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño estuda a iniciativa pioneira de Pontevedra de mobilidade entre rural e casco urbano

A alcaldesa Sandra González reuniuse co rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para coñecer de primeira man o proxecto -Coche de Punto-

A alcaldesa Sandra González reuniuse co rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para coñecer de primeira man o proxecto -Coche de Punto-

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Febrero de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño continúa traballando para fomentar a mobilidade sostible e buscar alternativas de comunicación entre as parroquias e os núcleos urbanos. Por este motivo, a alcaldesa, Sandra González, e o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, reuníronse este martes co rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Obras e Mobilidade, Demetrio Gómez, para coñecer de primeira man ‘Coche de Punto’, un proxecto pioneiro de transporte a demanda que permite conectar todas as parroquias da cidade do Lérez con diferentes espazos da vila a través de viaxes en coche solicitadas por medio dunha aplicación e sempre en colaboración co transporte local.

 

“A comunicación das zonas rurais é un dos grandes retos da mobilidade sostible e para nós é moi positivo poder achegarnos a unha experiencia tan interesante como a que están a desenvolver en Pontevedra para facilitar a mobilidade dende o rural ao centro da cidade”, asegurou Sandra González. A alcaldesa lembrou que Tomiño “é un concello moi disperso no que detectamos certas necesidades de transporte dende as parroquias aos núcleos do Seixo ou de Goián”, especialmente entre persoas con dificultades de mobilidade, persoas maiores que viven soas ou veciños e veciñas que viven máis afastados, entre outros.

 

Non obstante, “o proxecto piloto de Pontevedra non é extrapolable ao 100% ao noso municipio, pero é moi interesante ver o que se está a desenvolver noutros lugares para aprender da súa experiencia, recoller ideas ou mesmo estudar partes do proxecto que poderían ser aplicables a Tomiño nun futuro”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí