Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño forma 15 auxiliares socio-sanitarios para ampliar o Servizo de Axuda no Fogar

O Concello organizou en colaboración coa empresa Idades S.L. un curso teórico- práctico de auxiliar socio-sanitario, comprometéndose esta última a contratar polo menos, o 40% dos participantes

Na acción formativa, de 140h de duración, participaron tanto a persoas desempregadas, como a traballadoras en activo e familiares de dependentes

Fecha: 27 de Febrero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Onte recolleron o diploma os alumnos e alumnas do curso gratuíto de auxiliar socio-sanitaria/o, organizado co fin de mellorar o Servizo de Axuda no Fogar.

A alcaldesa, Sandra González, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, fixo entrega dos diplomas, tras ter o alumnado rematado o curso. Trátase dunha acción formativa, de balde e cun compromiso de contratación de polo menos o 40% dos participantes, denominado "O servizo de axuda no fogar e a excelencia profesional", e organizado en colaboración coa empresa "Idades S.L.", especializada na prestación de servizos de atención socio-sanitaria.

Das 140 horas totais de formación, 100 adicáronse a prácticas, acompañando a un traballador/a con experiencia. As clases teórico-prácticas estiveron a cargo dunha traballadora social e docente experta en atención socio-sanitaria.

Tomiño tiña até o de agora máis de 30 auxiliares de axuda no fogar, aos que se suman os novos, para atender, entre todos, a máis dun centenar de persoas maiores, dependentes ou enfermas, distribuídas por todo o termo municipal.
Ademais, ante a previsión de que a Xunta de Galicia aumente 900 horas máis para usuarios/as con dependencia, co que a demanda de man de obra, será moito maior, o Concello de Tomiño promoveu a realización deste curso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones