Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño habilita para o curso 2018/2019 un espazo no IES Antón Alonso Ríos onde o alumnado poderá xantar

O estudio de Radio Mocidade no Instituto xa está rematado e o alumnado e o profesorado poderán utilizalo como ferramenta didáctica

O estudio de Radio Mocidade no Instituto xa está rematado e o alumnado e o profesorado poderán utilizalo como ferramenta didáctica

Fecha: 02 de Agosto de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

No seu plan para mellorar as instalacións dos centros educativos do municipio, o Concello de Tomiño incluiu diversas melloras no IES Antón Alonso Ríos. A Asociación de Nais e Pais (ANPA) e o equipo directivo do instituto solicitou no consello escolar á habilitación dun espazo onde os nenos e nenas poidan comer. Especialmente os luns, cando teñen clase polas tardes e sobre todo os que viven nas parroquias afastadas do centro de Tomiño, teñen moi pouco tempo para xantar na casa. Por iso, o Concello xa rematou as obras para crear un espazo para que o estudantado poida quedarse a comer no centro. Está habilitado con dúas neveras para que poidan gardar os seus recipientes coas comidas, microondas e unha despensa para alimentos e utensilios de cociña.

O custe da obra foi de 5.000 euros e o novo comedor estará disponible dende o primeiro día do próximo curso. O Concello proporcionará ao centro ademáis dúas persoas para que supervisen ás rapazas e rapaces que se queden a comer.

Non será a única novidade do curso 2018/2019 no IES Antón Alonso Ríos. Parte da antiga cafetería do Instituto foi reconvertida no estudo de Radio Mocidade, unha emisora municipal que naceu en abril de 2011 e que ata fai uns meses estaba instalada na antiga nave de San Benito. A decisión de trasladala o IES foi para darlle un novo impulso e implicar ao alumnado en Radio Mocidade e que poida ser utilizada como un recurso pedagóxico e didáctico polo profesorado. Estará aberta a todos os alumnos e alumnas que queiran participar nunha emisora que ten como obxectivo dende a súa creación ser unha ferramenta de formación e divulgación aberta.

O IES Antón Alonso Ríos oferta educación secundaria, bacharelato e diversos ciclos de formación profesional, coma o de Aproveitamento e conservación do medio natural ou o de Instalación de Telecomunicacións. O volume de alumnos fai necesaria a ampliación do centro. O. Concello xa está traballando para conseguir que a Consellería de Educación atenda esta demanda e que inclúa nos orzamentos autonómicos do vindeiro ano esta necesaria reforma. O goberno municipal leva anos solicitando á Xunta a ampliación do instituto, e espera que no 2019 que ven a Consellería cumpla coas súas demandas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones