Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño homenaxea o labor das traídas de auga veciñais co documental -Da nosa man-

A presentación da emotiva peza, proxectada onte no auditorio de Goián, contou coas intervencións da alcaldesa e do vicepresidente de COXAPO, Humberto M. González

A presentación da emotiva peza, proxectada onte no auditorio de Goián, contou coas intervencións da alcaldesa e do vicepresidente de COXAPO, Humberto M. González

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Junio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O pasado mércores foi presentado no auditorio de Goián o documental “Da nosa man”, unha peza audiovisual que rende homenaxe ao labor desenvolvido polas 36 comunidades de augas veciñais existentes no municipio nunha tarefa tan importante como o é a autoxestión dun ben imprescindible para a sociedade.

 

O acto, ao que asistiron moitos dos membros destas comunidades, contou tamén coas intervencións iniciais da alcaldesa Sandra González e do vicepresidente de COXAPO (Asociación de Traídas de Augas de Pontevedra), Humberto M. González, que resaltaron o “heroísmo” daqueles veciños que alá pola década dos anos 70, sen medios económicos nin axuda da administración, decidiron loitar por cumprir o soño de ter auga encanada nas súas casas. “A capacidade de asociarse, o esforzo e o sacrificio da veciñanza para xestionar un ben común é verdadeiramente exemplar, e desde o Concello o mínimo que podemos facer é que poñer en valor é apoiar ese modelo de autoxestión para que sirva como exemplo noutros lugares”, destacou a alcaldesa.

Pola súa parte, o vicepresidente de COXAPO puxo en valor o traballo desenvolvido pola asociación, creada fai 15 anos co fin de defender os intereses das traídas de auga. “Podemos dicir con orgullo que en dez anos realizamos un aforro de máis de tres millóns de euros ás administracións, un traballo que tamén fai que as nosas traídas sexan referentes en Galicia e España, pero tamén en países como Irlanda, Austria ou Suecia. Por iso tamén queremos agradecer que o Concello de Tomiño fose o primeiro en apostar pola autoxestión da auga, ese ben tan apreciado”, destacou.

 

Unha vez rematada a proxección da emotiva peza, que emocionou a máis de un dos presentes, a alcaldesa aproveitou para agradecer o excepcional traballo da súa directora, Marta Piñeiro, quen mostrou a súa satisfacción polo proxecto. “Eu non coñecía a realidade das traídas e cando vin a importancia que tiñan foi toda unha sorpresa. Ao comezo a idea era facer un pequeno vídeo de cinco minutos pero había tantas cousas interesantes que contar que ao final rematou sendo unha historia máis longa coa que homenaxear non só aos pioneiros, senón tamén ás persoas que traballan na actualidade nas traídas e as continúan mantendo vivas”, comenta a directora.

 

 

Semana do Medio Ambiente

 

Ademais da proxección do documental, o Concello de Tomiño continúa organizando diversas actividades do 2 ao 5 de xuño con motivo da celebración da Semana do Medio Ambiente. O xoves 3 de xuño haberá dúas actividades principais. Ás 17.00 horas está prevista a plantación de árbores autóctonas a cargo do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”, e ás 20.30h emitirase no Facebook do Concello unha conversa sobre alternativas para o tratamento e depuración das augas, que contará coa presenza da alcaldesa, Sandra González; o enxeñeiro experto en enerxías renovables e tratamento de augas residuais, José Luis Peraza, e a xefa de servizo de Aqualia en Tomiño, Marián Lago.

 

O programa continúa o venres 4 de xuño con outra conversa a través das redes do Concello (Facebook); neste día falarán sobre a compostaxe Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente; Carlos Pérez, químico asesor de residuos da Deputación de Pontevedra, e Sandra Alonso, mestra composteira.

 

O sábado 5 de xuño será o día grande da Semana, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. Na Praza do Seixo haberá xogos e talleres infantís (de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h) a cargo da Granxa Escola Corazón de Carballo, cunha temática vinculada ao Medio Ambiente e a riqueza natural de Tomiño. Haberá sorpresas e agasallos relacionados co medio ambiente e a sustentabilidade para as persoas que se acheguen.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí