Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO HOMENAXEOU HOXE A SÚA MESTRA JULIA IGLESIAS OTERO DENTRO DAS FESTAS DO ALIVIO 2013

Os días grandes da celebración foron o Domingo e este Luns, con actos religiosos e festivos

Fecha: 16 de Septiembre de 2013

Fuente: www.concellotomino.com

Tomiño celebrou na mañá do pasado Domingo dentro das Festas do Alivio 2013, o acto de homenaxe a Julia Iglesias Otero, nomeándoa Tomiñesa Distinguida. Numerosas persoas, entre as que había autoridades locais e da comarca, veciños e veciñas, familiares e ex-alumnos, asistiron ao acto cívico que cada ano, dos últimos sete, vén celebrando o Concello coincidindo coas festas patronais, co obxectivo de distinguir a un veciño ou veciña destacado da vila pola súa traxectoria profesional ou personal.

Julia Iglesias Otero, "Doña Julia", como a coñecen os seus veciños, foi mestra do Colexio Pedro Caselles Beltrán durante trinta anos, a través dos cales pasaron pola súa clase moitas xeneracións. Oriunda de Vizcaia, chegou a Tomiño no ano 1980 a través dun concurso de traslados, e xa non volveu a marchar.

Na súa intervención, Julia Iglesias agradeceu a distinción pública e a presenza de todas as persoas alí reunidas. Lembrou a súa chegada a Tomiño e ao colexio onde desempeñou a súa carreira. Tivo palabras de agradecemento tamén para os seus ex-compañeiros de traballo e para as Mulleres Rurais, asociación que axudou a fundar hai xa vinte anos, e da que segue a ser socia.

Pero a lembranza máis agarimosa foi para os seus alumnos e alumnas, que "se convertiron nas persoas máis importantes da miña vida".
A homenajeada rematou o seu discurso cunha poesía de Gabriel Celaya sobre o oficio de educar.

A continuación, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, interviú para explicar os motivos que levaron ao seu equipo a elixir a Julia Iglesias coma tomiñesa distinguida. "Coma educadora, coma promotora do asociacionismo, coma unha de tantas mulleres anónimas, que axudan a construir a sociedade e a facer deste, un lugar mellor para vivir, Julia merece esta homenaxe; queremos que reciba este símbolo do Concello de Tomiño, coma mostra do cariño a tantos anos de traballo e dedicación", afirmou a rexedora.

Chegaron logo as felicitacións, as apertas dos familiares, pais, nais, ex-alumnos, veciños e veciñas, que quixeron amosarlle o seu agradecemento e cariño, nun emotivo acto.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones