Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño impulsa a redacción do proxecto -Camiño Escolar Seguro para o colexio de Goián-

Un dos principais obxectivos é que o alumnado vaia gañando autonomía persoal, xunto a adopción de hábitos saudables e actividade física

Un dos principais obxectivos é que o alumnado vaia gañando autonomía persoal, xunto a adopción de hábitos saudables e actividade física

Fecha: 06 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de adxudicar a redacción do proxecto e do plan de dinamización do "Camiño Escolar Seguro para o CEIP Pintor Antonio Fernández, en Goián (Tomiño)".

O proxecto foi adxudicado á empresa "Muñiz Alfaya, SLU", por valor de 33.333,33 euros, IVE incluído. A maior parte do custe procede dunha subvención da Deputación de Pontevedra, concedida o 14 de setembro pasado, para a redacción deste proxecto. O prazo de execución é de dous meses e a redacción inclúe unha primeira fase de recollida e análise de datos; unha segunda de diagnose e finalmente, a redacción da proposta.

Un dos principais obxectivos do proxecto é que o alumnado vaia gañando autonomía persoal, xunto a adopción de hábitos saudables, como a actividade física, a través dunha serie de medidas e actuacións nas que el mesmo participará de xeito directo, realizando tarefas dentro e fóra das aulas, coma por exemplo, unha "saída de exploración" polo entorno, na que acompañados por membros do equipo redactor, encargarase de realizar unha avaliación crítica (a través da toma de notas e fotografías) da morfoloxía urbana que rodea ao centro educativo: mobiliario urbano, zonas de cruce, de estacionamento, barreiras arquitectónicas, etc.

Días atrás, celebrouse unha reunión de presentación entre o equipo redactor da empresa, composto por profesionais de distintas áreas do Planeamento Urbano (arquitectura, enxeñería, socioloxía, etc.), e os concelleiros e técnicos da área municipal de Educación e Obras, e posteriormente, outra, cas nais e pais do alumnado do centro, para explicar o proceso de implantación do "Camiño escolar seguro"; un proxecto que se desenvolverá entre a dirección e a comunidade educativa do centro e o Concello de Tomiño, co apoio da Deputación de Pontevedra.

Durante estes meses de traballo sobre o propio terreo, e de oficina, os profesionais encargados de executar o proxecto, seguirán reuníndose con técnicos municipais, e ca dirección do centro escolar e da súa ANPA, para constituír un grupo dinamizador con representantes de cada área, coa intención de coordinar e consensuar as accións e actividades que se desenvolveran cos cativos e rapaces da escola.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones