Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño incrementa o número de vivendas conectadas á rede de saneamento municipal

Tomiño inicia unha campaña para incrementar as conexións á rede de saneamento

Tomiño inicia unha campaña para incrementar as conexións á rede de saneamento

Fecha: 14 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O tratamento inadecuado das augas residuais xeradas pola actividade humana é unha das principais causas de contaminación das augas subterráneas e unha forma importante para protexer a saúde das persoas. Consciente desta realidade, nos últimos 10 anos o Concello de Tomiño investiu aproximadamente 6,5 millóns de euros en ampliar a rede de saneamento municipal, o que deu como resultado un incremento do 40% no acceso ao servizo.

Mentres que no ano 2007 tan só o 20% das vivendas tiñan acceso á rede, este ano un 70% das casas tomiñesas teñen a posibilidade de conectarse á rede pública de recollida de augas residuais. Porén, deste alto porcentaxe de vivendas con acceso ao servizo soamente están conectadas un 57%, mentres que o outro 13% non se conectou ao saneamento a pesar de ter o servizo dispoñible.

A pesar de ser unha demanda veciñal recorrente e un servizo fundamental, especialmente en aras de mellorar a calidade ambiental e reducir a contaminación a terra e canles de auga, existe "un déficit importante de conexións nalgúns dos tramos realizados", como sinala a responsable de Medio Ambiente e Optimización dos Servizos Públicos do Concello de Tomiño, María Xosé Vázquez.

Ademais, tanto o Decreto autonómico 141/2012 como o Regulamento Municipal da rede de saneamento obrigan a conectarse a todas as vivendas que conten con acceso á rede a menos de 50 metros da súa propiedade. Por este motivo, o Concello de Tomiño está a realizar unha campaña exhortando aos veciños e veciñas a conectarse á rede ou ben a acudir as dependencias municipais para estudar a problemática asociada a cada caso particular e que pode estar dificultando ou impedindo estas conexións.

A Concellaría de Medio Ambiente está a realizar unha base de datos na que se detectou que hai barrios nos que menos do 50% das vivendas que teñen acceso ao servizo están realmente conectadas á rede. "A raíz destes datos e cos envíos de cartas a estas propiedades non conectadas, o Concello quere analizar as causas deste déficit de conexións para actuar conseguintemente e traballar xunto con Aqualia, a empresa concesionaria, para mellorar os ratios actuais", salientou a concelleira de Medio Ambiente.

Actualmente, as conexións realizadas no momento da construción do tramo de saneamento están bonificadas a raíz dun convenio do Concello de Tomiño coa empresa concesionaria, unificando o custe para todos os veciños e veciñas, que ronda os 700 euros con taxas municipais incluídas. Para o concello, o custo da obra por vivenda potencialmente conectable ascende a 2,5 veces do custo que pagan os veciños e veciñas, aínda que "se o cálculo se realiza sobre as vivendas efectivamente conectadas o custo das obras é tres veces superior ao custe que paga cada propiedade pola súa conexión".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones