Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño inicia as obras de remodelación do Mercado de Goián

O novo espazo está deseñado para convertirse nun lugar de encontro e de promoción do comercio de cercanía

O mercado contará con postos de pescado, carne, froita e flores

Fecha: 30 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Esta semana deron comezo as obras de remodelación do edificio do antigo Mercado de Goián. O proxecto contempla dous fases, esta primeira na que se rehabilitará a parte frontal do edificio como un novo e moderno mercado, axustado ás necesidades actuais, e unha segunda fase de adecuación do resto do edificio para usos socias, culturais e artísticos.

O novo mercado albergará 4 postos: un posto de pescado, un posto de carte, outro adicado á froita e verdura e outro de flores.

O deseño do proxecto do novo mercado elaborouse coa participación da poboación a través dun proceso participativo, mediante o cal elaborouse o plan de usos e o proxecto para remodelar a parte frontal do edificio onde ubicaráse o novo mercado, que levaba tempo pechado.

O importe total do investimento rolda os 110.000 euros, dos que 70.000 serán achegados pola Consellería de Industria, logo de que esta aprobara o proxecto dentro da convocatoria "Espazos de Emprendemento Comercial no Rural" o pasado verán. O Concello sufragará o resto do investimento con fondos propios.

A finalización da obra está prevista para o vindeiro mes de decembro, de cara á campaña de Nadal. Paralelamente á última fase das obras levarase a cabo o proceso de información para a adxudicación dos postos ás persoas interesadas, a través de subasta pública.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones