Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño inicia os trámites para a apertura do Camiño do Alivio

O goberno municipal levará a pleno o próximo martes 12 de decembro o comezo do proceso de expropiación das dúas parcelas afectadas

O goberno municipal levará a pleno o próximo martes 12 de decembro o comezo do proceso de expropiación das dúas parcelas afectadas

Fecha: 11 de Diciembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño segue a dar pasos para transformar o núcleo do Seixo nun espazo público pensado para as persoas, con accesibilidade universal e con calidade urbana. A pretensión do goberno municipal é comezar en breve os trámites necesarios para poder abrir a rúa Camiño do Alivio e reorganizar toda a contorna coa praza do Seixo. No próximo pleno do vindeiro 12 de decembro (21.00 horas) aprobarase o inicio do procedemento de expropiación das parcelas afectadas, nas que se prevé derribar unha das esquinas da rúa e camiñar cara o futuro proxecto de remodelación das rúas Camiño do Alivio e República Arxentina e no que as persoas teñan prioridade.

Nestes intres, esa zona representa un punto conflitivo dentro das rúas de Tomiño, tanto por ser un punto que dificulta a accesibilidade da cidadanía como polo que complica o tráfico rodado, con escasa visibilidade e limitando a mobilidade da zona. O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa contempla unha aliñación que lexitima o procedemento expropiatorio e que posibilitará que o entronque da rúa Camiño do Alivio e República Arxentina teña máis de 12 metros de largo, a diferencia dos escasos 5 metros que ten hoxe.

Unha vez aprobado en pleno o inicio do proceso de expropiación procederase á exposición pública do proxecto durante un mes desde a publicación do acordo no diario oficial. Será nese tempo no que os propietarios e propietarias das parcelas afectadas poderán presentar as correspondentes alegacións ou negocien directamente co Concello para tentar chegar a un acordo mutuo. Tras o proceso de exposición pública e no caso de que haxa alegacións deberán resolverse e levarse a pleno novamente para darlle a aprobación definitiva ao proxecto de expropiación.

O goberno local continúa a tomar esta serie de medidas estratéxicas para o futuro desenvolvemento de Tomiño para posibilitar un crecemento máis ordenado no que primen a mobilidade peonil e o desfrute do espazo público.

A futura remodelación do entronque do Camiño do Alivio coa praza do Seixo uniráselle o proxecto estratéxico que se iniciará no 2018, actualmente en tramitación, da Avenida do Seixo, que creará unha nova vía a modo de variante e que permitirá que os vehículos non teñan necesidade de circular polo Seixo. Con isto, o goberno municipal pretende facer de Tomiño un exemplo de núcleo urbano pensado para as persoas e no que a mobilidade peonil e sustentable sexa a prioritaria, xerando maior calidade de vida urbana.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones