Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO INICIA UN PROCESO PARTICIPATIVO PARA QUE A VECIÑANZA OPINE SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DA FUTURA BIBLIOTECA MUNICIPAL

O estudo foi presentado o pasado Sábado, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro

O estudo foi presentado o pasado Sábado, coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro

Fecha: 25 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de por en marcha un proceso participativo para que sexa a propia sociedade civil a que opine, dea pistas, suxestións, etc. sobre a futura biblioteca municipal. Un proceso, semellante ao que xa se fixo no caso da reforma integral do Mercado Municipal, da man dunha consultora especializada nestes temas.

O proxecto, presentado este mediodía, coincidindo co Día do Libro, denomínase "Estudo cualitativo de investigación de opinión e necesidades para a dinamización da futura biblioteca municipal de Tomiño", e consiste, concretamente, nun estudo social de participación cidadá para dinamizar a futura biblioteca municipal.
O lema elixido para levar a cabo o estudo é "Ideas que constrúen, sentando as bases da nosa biblioteca municipal", co fin de fomentar a participación e o debate.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, explicou neste sentido, que "o que pretendemos é lograr ter unha biblioteca querida e pensada pola cidadanía; dinámica, moderna, creativa, eficiente, integradora. Que responda ás necesidades dos diferentes perfís sociais: nen@s, mocidade, comunidade educativa, maiores, etc.".

A encargada de presentar o proxecto foi Susana Rodríguez, socióloga da consultora Arestora, que terá ao seu cargo a elaboración do estudo previo á construción da bilioteca. Segundo explicou, este estudo participativo ten dous obxectivos fundamentais; por unha parte, coñecer os intereses, demandas, necesidades, expectativas, suxestións, ideas, etc. da poboación para dotar de contidos o futuro edificio da Biblioteca Municipal, de forma coordinada coas bibliotecas das parroquias.
Por outra parte, facer da futura biblioteca, un espazo innovador, moderno e activo dirixido a toda a poboación para fomentar a cultura, a educación, o estudo e a lectura. "Contaremos coa participación dos grupos de discusión e debate, vencellados a diferentes áreas da sociedade tomiñesa: educación, asociacións, cultura, música, integración social, etc.", sinalou.

A presentación, que contou coa presenza da concelleira de Cultura, Cristina Martínez, e da súa homóloga de Vila Nova de Cerveira, aproveitouse para repartir fichas onde os grupos, centros educativos, asociacións ou persoas, puideron deixar os seus datos para poder participar cando comecen as entrevistas e reunións de traballo.
Para pechar o acto, que contou con numeroso público, a moza tomiñesa Sofía Areal leu un poema de Manuel María e Cristina Martínez outro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones