Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño investe máis de 100 mil euros en reformas de verán e mantemento dos colexios do municipio

As obras de maior envergadura son a remodelación do patio do CRA do Seixo, e do CEIP de Barrantes, financiadas con fondos da Deputación e do Concello, respectivamente

? Acondicionaranse de acordo cunha nova concepción do xogo e do entretemento, e fomentando un contacto maior con elementos da natureza

Fecha: 15 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Como cada ano cando comeza o verán, o Concello de Tomiño, emprende unha serie de reformas, melloras e obras de mantemento nos centros educativos de Infantil e Primaria.
Esta vez, as dúas obras de maior envergadura son as reformas dos patios do CRA (Centro Rural Agrupado) do Seixo, e do CEIP de Barrantes, financiadas con fondos da Deputación e do Concello, respectivamente, e que significarán un investimento duns 80.000 euros.

O primeiro era unha vella aspiración do equipo de goberno e da comunidade educativa, que agora, grazas a unha achega do Plan Concellos, poderá facerse realidade.
Trátase dun espazo exterior de case 700 m2, que se acondicionará coma "parque natural", de acordo cunha nova concepción do xogo e do entretemento, fomentando un contacto maior con elementos da natureza, creando distintos niveis no terreo, e utilizando pavimentos seguros (céspede natural, terra vexetal na zona de horta; arena, pavimento sintético brando, de madeira de pino, etc.) que fomenten o xogo participativo e a creatividade. Haberá tamén unha pérgola de madeira que servirá como área de transición; zona de árbores e senda, etc.

Pola súa banda, o patio do CEIP de Barrantes será remodelado seguindo a mesma filosofía. Neste caso trátase dun ámbito de actuación de 264 m2, nos que se tentará representar, a través de diferentes elementos e materiais a unión entre a terra e o mar, con elevacións do terreo, semellando unha montaña de terra e céspede natural; un área de bancadas de madeira; una zona máis baixa de pavimento brando simulando o mar, e unha illa no centro, na que se colocará un tobogán de aceiro inoxidable de metro e medio de altura e un tubo de PVC, que fará as veces de pasadizo ou túnel.

Outras obras de mellora que se levarán a cabo durante o verán, son a reposición de ventás no ximnasio do CEP Pedro Caselles, para dotar á instalación dun maior illamento e luminosidade (7.500€), reforma da aula de psicomotricidade, cun solo especial e da aula de música. Estas tarefas serán realizadas por persoal municipal.

En Sobrada, realizarase o cambio da aula de informática, a unha máis ampla e mellor acondicionada, e colocarase tarima flotante noutras dúas aulas do centro.

En Goián, levaranse a cabo pequenos arranxos na aula de inglés e mellorarase o peche do colexio.

Por último, realizaranse melloras nas aulas do CRA de Figueiró (almacén) e Vilachán (instalación eléctrica), entre outras.

A alcaldesa de Tomiño e delegada de Educación, Sandra González, explica que aínda que o acondicionamento dos colexios non é unha obriga municipal, o Concello destina cada ano unha partida considerable para facer fronte ás obras de mantemento e mellora das instalacións, seguindo unha liña de prioridades que se axusta ás necesidades reais.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones