Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño investirá máis de 200.000 euros en formar técnicos en turismo e deseño de páxinas web

Para levar a cabo o proxecto, contratarase un director, un titor e dous docentes e un/unha administrativo/a a media xornada

A data prevista de inicio desta nova acción formativa e de emprego, é o 19 de decembro

Fecha: 19 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de concederlle ao Concello de Tomiño unha subvención por importe de 179.134,20€ para desenvolver un novo Obradoiro de Emprego; denominado neste caso, "Dinamización turística de Tomiño 2016",

A data prevista de inicio desta nova acción formativa e de emprego, na que o propio Concello investirá un mínimo de 20.300 euros por encima da subvención, é o 19 de decembro deste ano, rematando seis meses despois.


O obradoiro contará con dúas especialidades (que dan dereito a obter o certificado de profesionalidade), e 10 prazas de alumnos/as-traballadores/as cada unha.


A primeira delas será "Promoción turística local e información ao visitante (Nivel 3), e a segunda, "Confección e publicación de páxinas Web (Nivel 2)".

Os requisitos que deben reunir as persoas que aspiren a formar parte do alumnado son: ter 18 ou máis anos e estar empadroado en Tomiño; figurar inscrito como demandante de emprego sen ocupación no Servizo Público de Emprego de Galicia, e cumprir os requisitos para poder ser contratado na modalidade de formación e aprendizaxe, conforme ao artigo 11.2 e D.A. 2ª do RDL 2/2015 do Estatuto dos traballadores.


Ademais, segundo o nivel de cada curso, os aspirantes deberán reunir os requisitos de acceso que figuran na Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional.

Segundo explica a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, tamén terase en conta á hora de escoller os participantes, e co fin de obter un maior rendemento da formación impartida, a posesión de coñecemento básicos de informática (mecanografía, programas Windows, internet, paquetes ofimáticas, etc.). en ambas especialidades, e no caso da primeira (Turismo), valoraranse tamén habilidades sociais necesarias para o desempeño do traballo como, por exemplo, unha axeitada capacidade de comunicación e expresión, idiomas, etc.

Ao mesmo tempo, contratarase para levar a cabo este proxecto, un director, un titor e dous docentes (coma mínimo) para impartir os certificados de profesionalidade, así coma un/unha administrativo/a a media xornada.


A contratación deste persoal farase a través da Oferta do Servizo Público de Emprego de Galicia, a nivel provincial.


En calquera caso e para maior información, as persoas interesadas poden pórse en contacto coa Oficina de Desenvolvemento Local de Emprego (Casa do Concello), no caso dos docentes e técnicos, ou ben, coa Oficina de Orientación Laboral (A Rocha s/n), no caso dos aspirantes a alumnos/as. Así mesmo, poden chamar aos teléfonos 986 62 20 01/02/03, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones