Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño investirá máis de 4 millóns de euros na execución de obras no municipio durante 2019

O orzamento do Concello para o vindeiro ano ascenderá a máis de 7,3 millóns de euros, a cifra máis alta de toda a historia da vila

O orzamento do Concello para o vindeiro ano ascenderá a máis de 7,3 millóns de euros, a cifra máis alta de toda a historia da vila

Fecha: 27 de Diciembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño xa ten listos os seus orzamentos para 2019. O goberno local aprobará en pleno o vindeiro xoves 27 de decembro (20.30 h) os seus presupostos para o vindeiro ano, que ascenderán a un total de 7,3 millóns de euros, a cifra máis alta de toda a historia do municipio tomiñés. Trátase dun plan de investimentos moi ambicioso que contempla execución de obras por todo o municipio por valor de máis de 4 millóns de euros. "Investimos en obras máis que nunca e para poder facelo levamos traballando todo o ano buscando o financiamento necesario a nivel rexional, estatal e mesmo europeo", salienta o concelleiro de Facenda, Uxío Benítez.

Dentro destes orzamentos destacan os 670.000 euros destinados á mellora da mobilidade e seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo, coa que se procura transformar o núcleo do Seixo nun espazo público pensado para as persoas e no que a mobilidade peonil e sustentable sexa prioritaria, xerando maior calidade de vida urbana. Asemade, tamén se levarán a cabo importantes obras no otro núcleo urbano do municipio, como a reconfiguración de espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goian, para o que se destinarán case 800.000 euros; a ampliación e mellora da accesibilidade na Alameda de Goián, no que se investirán máis de 600.000 euros en distintas partidas; ou a rehabilitación enerxética da escola obradoiro de Goián, cun presuposto de máis de 177.000 euros.

A maiores, o vindeiro ano executaranse numerosas obras noutras parroquias do municipio e realizaranse traballos de mellora dos camiños da localidade. Así, destinaranse 440.000 euros para o acondicionamento da contorna da praza de Figueiró; 350.000 euros para a mellora nas instalacións do campo de fútbol do Alivio; case 220.000 euros para a mellora da seguranza viaria na estrada de Estás; outros 180.000 euros para o acondicionamento da contorna da igrexa de San Xoán de Amorín; ou case 160.000 euros para a ampliación e mellora da estrada de Cristelos.

Ademais dos fondos propios que o Concello de Tomiño achegará para as obras que se executarán en 2019, parte dos traballos realizaranse grazas á consecución de proxectos financiados co Plan Concellos e co Plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra, destinados a investimentos e a cubrir necesidades en materias de infraestruturas viarias, e a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Orzamentos para a cidadanía
Xunto coas obras previstas, que mellorarán a calidade de vida da veciñanza, o Concello de Tomiño tamén aposta nestes orzamentos por outros eixos de investimento, como a educación, a cultura, o medioambiente ou a cooperación transfronteiriza. Así, o goberno local continúa a aportar pola educación como eixo estratéxico, polo que os orzamentos para 2019 ten reservada unha partida de 60.000 euros para o Plan da Mellora dos Colexios do municipio, que inclúe programas tan destacados como o ‘É Aprender', actividades extraescolares gratuítas para o alumnado, o apoio psicolóxico a menores do concello ou axudas a principios de curso para a compra de material escolar, entre outros.

Por outra banda, os presupostos tamén inclúen unha partida para o Plan de Compostaxe, destinada a acompañar as iniciativas de compostaxe colectivo promovidas pola Deputación de Pontevedra e que inclúen puntos de compostaxe comunitarios nos núcleos urbanos do Seixo e Goián e a presenza de dous mestres composteiros. O obxectivo principal deste proxecto é reducir a factura de Sogama ligada ao lixo do contedor verde. Nestes orzamentos tamén se inclúen os fondos conseguidos a través do programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea, para o desenvolvemento da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Tomiño-Cervera 2014-2030.

Un ano máis Tomiño aproba en tempo e forma os seus orzamentos municipais "síntoma da estabilidade política coa que se está a desenvolver o goberno municipal e garante do correcto e funcionamento ordinario do Concello, que non queda interrompido en ningún momento", recorda a alcaldesa de Tomillo, Sandra González.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones