Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño inviste cerca de 250.000? nunha nova actuación na rede de saneamento municipal

O Concello de Tomiño prevee proceder á seman que ven á apertura de sobres das ofertas presentadas ao concurso para a licitación dunha nova actuación no ámbito da rede de Saneamento.

O Concello de Tomiño prevee proceder á seman que ven á apertura de sobres das ofertas presentadas ao concurso para a licitación dunha nova actuación no ámbito da rede de Saneamento. | Foto arquivo.

Fecha: 30 de Octubre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño prevee proceder á seman que ven á apertura de sobres das ofertas presentadas ao concurso para a licitación dunha nova actuación no ámbito da rede de Saneamento. Nesta ocasión a inversión será de cerca de 250.000€ e está destinada ás obras de saneamento para os lugares de Sanomedio e Arrotea do barrio de Vilachán, na parroquia de Tomiño, e na zona de Outeiro na parroquia de Estás. Esta nova ampliación da rede dará servizo a máis de 50 vivendas.

Esta inversión sumase ás que ven facendo o Concello nos últimos 10 anos en materia de saneamento, onde xa invertiu máis de 7 millóns de euros. A nova actuación responde á planificación que o goberno municipal ten en materia de saneamento para seguir avanzando en dotar deste servizo ao maior número de vivendas posibles.

Dende o Concello de Tomiño sinalan a importancia de que os usuarios se enganchen á rede de saneamento, dado que é obligatorio, e detectouse que moitas vivendas con acceso á rede de saneamento non se engancharon. Dada a alta inversión que supón o desenvolvemento do saneamento municipal, o concello considera fundamental que as vivendas cumplan coa obligatoriedade de engancharse. Neste sentido nos últimos meses levouse a cabo un estudo das vivendas que non están conectadas e o concello prevee nas próximas semanas dar comezo a unha campaña para promover as conexións das vivendas á rede.

De cara a aqueles lugares do concello onde non hai rede de saneamento o concello porá en marcha de xeito inminente o Programa Municipal de Baleirado de Fosas sépticas, onde as persoas que o soliciten poderán acceder a este servizo cun custe bonificado. Este programa foi levado a pleno e aprobado recentemente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones