Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño leva a pleno a expropiación dunha casa indiana catalogada coma edificio público, para poder iniciar as obras da praza de Goián

O Concello agarda poder chegar a un acordo coa entidade bancaria propietaria actual do inmoble, situado a carón da praza, entre o colexio e a Aula Antonio Fernández

O Concello agarda poder chegar a un acordo coa entidade bancaria propietaria actual do inmoble, situado a carón da praza, entre o colexio e a Aula Antonio Fernández

Fecha: 31 de Octubre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño levará este xoves a pleno o inicio dun expediente de expropiación dunha casa indiana, situada a carón da Praza Pintor Antonio Fernández, de Goián, catalogada coma edificio dotacional público no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Urbana. Modificación Nº 8) e propiedade da entidade A Banca, na actualidade.

Outra das razóns pola que é necesaria a titularidade da devandita casa indiana é a concesión dunha subvención do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) de máis de 1.000.000 de euros para a humanización da praza de Goián, para cuxa realización requírese a ocupación dos terreos afectados. Este proxecto atópase neste momento en fase de adxudicación, e as obras comezarán a levarse a cabo no primeiro trimestre do ano próximo.

O Concello agarda poder evitar a expropiación forzosa, chegando antes a un acordo coa entidade bancaria propietaria actual do inmoble, situado a carón da praza, entre o colexio e a Aula Antonio Fernández.
Coa mesma finalidade, o Concello procedeu hai un tempo á adquisición de tres garaxes anexos á casa indiana cuxo expediente de expropiación lévase a pleno mañá xoves.

Na mesma sesión, de carácter ordinario (ás 20.30 horas no Salón de Plenos), trataranse outros seis puntos, máis unha moción de urxencia presentada polo BNG, sobre a problemática que sufre o Centro de Saúde de Tomiño dende hai varios anos, pola falla de médicos, grandes retrasos na concesión de citas, non cobertura das baixas de persoal, etc.

Orde do Día
1. Aprobación da acta da sesión anterior.
2. Expediente 2267/2019. Modificación de Crédito.
3. Expediente 2250/2019. Procedemento Xenérico.
4. Expediente 2203/2019. Expropiacións Forzosas.
5. Expediente 1661/2019. Bonificación ou Exención Tributaria.
6. Dar conta das Resolucións da Alcaldía.
7. Rogos e preguntas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones