Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño leva a pleno uns orzamentos ?sociais- de 6,7 millóns de euros

Axuda no Fogar, mantemento de colexios, plans de compostaxe e eficiencia enerxética, entre os principais investimentos

Axuda no Fogar, mantemento de colexios, plans de compostaxe e eficiencia enerxética, entre os principais investimentos

Fecha: 24 de Diciembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño levará a pleno o vindeiro mércores, 28 de decembro, os Orzamentos de 2017, que ascenden a 6.770.000,00 euros, cun 9% de incremento respecto dos do ano anterior.

O concelleiro de Facenda, Uxío Benítez, cualificou o novo orzamento coma "un orzamento social e adaptado ao funcionamento dos servizos públicos que ten logrados o Concello nos últimos 10 anos", referíndose aos novos equipamentos con que conta o municipio, cuxo funcionamento tense que garantir ao cidadán.

O capitulo que máis crece é o de persoal; crecemento motivado polo incremento de horarios ás limpadoras e pola partida orzamentaria de 75000€ destinada á RPT (Relación de Postos de Traballo), que vén de ser acordada recentemente cos sindicatos e que entrará en vigor ao longo de 2017. Ao incremento deste capítulo hai que incluír tamén o custe do Obradoiro de Emprego, posto en marcha recentemente.
Porén, a partida orzamentaria que mais crece é a de Servizos Sociais, motivada por un incremento do custe do Servizo de Axuda do Fogar, chegando aos 100.000 euros.

Entre os investimentos reais, Uxío Benítez, explicou que se priorizou o Plan de Mellora dos Colexios (60.000€) coma en anos anteriores, xa que "o goberno local segue apostando por un ensino público de calidade e igualitario".

Outro plan no que se investirá unha cantidade importante (50.000€) é o Plan de Mellora dos Traídas de Augas, co fin de axudar a manter estas instalacións comunitarias en bo estado e a pleno rendemento.

Asemade, o Plan de Compostaxe (50.000€) e melloras de recollida selectiva, seguirá sendo un dos eixos vertebradores do goberno local de Tomiño, que vén apostando forte pola redución do déficit do servizo de recollida de lixo.

Na mesma liña, atópase o Plan de Eficiencia Enerxética, no que se investirán outros 30.000 euros no próximo exercicio.

A apertura do Camiño do Alivio, para a mellora da súa conexión coa Praza do Seixo, significará o investimento doutros 50000€.

Dentro deste capítulo, figuran tamén investimentos menores, coma os 15.000 euros para a creación dunha pista de calistenia, na Área Deportiva do Mosteiro, ou os 10.000 destinados ao primeiro Orzamento Participativo Transfronteirizo, para a realización de tres proxectos comúns de cooperación con Vila Nova de Cerveira.

Os orzamentos 2017 do Concello de Tomiño, aprobados en tempo e forma para que non se vexa interrompido o funcionamento ordinario do Concello, levarase á sesión ordinaria de pleno, o vindeiro mércores, 28 de decembro de 2016, ás 20.00 horas na Casa da Cultura. Neste senso, lembra o concelleiro de Facenda, que Tomiño é o segundo municipio da comarca e dos poucos da provincia, que leva as súas contas a pleno.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí