Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño mellora a iluminación e o aforro eléctrico en Pinzás e Barrantes

O Concello reemprazou 170 lámpadas de sodio por led en Pinzás e Vilachán do Monte, e repuxo o cableado ao longo de 1,5 km. en Cristelos

O Concello reemprazou 170 lámpadas de sodio por led en Pinzás e Vilachán do Monte, e repuxo o cableado ao longo de 1,5 km. en Cristelos

Fecha: 27 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de rematar as obras de renovación total do tendido eléctrico nas parroquias de Pinzás e Barrantes. A intervención consistiu na reposición total do cableado e colocación de lámpadas de led en máis de 110 farois. Asemade, cambiáronse postes de madeira por outros de formigón.

En Cristelos (Barrantes), fixéronse os mesmos traballos que en Vilachán do Monte e Rotea Vella, que eran os lugares que faltaban por completar.
O investimento nas dúas parroquias superou os 9000 euros.

A actuación forma parte do Plan de Eficiencia Enerxética levado a cabo pola concellería de Iluminación Pública que dirixe Manuel Álvarez, e ao que se destinaron 30.000 euros no exercicio 2017, e outro tanto neste ano, co fin de optimizar os gastos enerxéticos e de facer unha racionalización do consumo. Segundo explicou o edil, as obras continuarán até cubrir a maior parte das parroquias, agardándose un aforro total de entre un 60 ou 70%, respecto do gasto actual.

Manuel Álvarez comenta que o de Pinzás, a parroquia menos poboada de Tomiño, é unha especie de proxecto piloto, aínda que o Concello leva traballando varios anos en accións de aforro enerxético e racionalización e mellora do servizo, axustando os parámetros de contratación de enerxía dos máis de 100 subministros do alumeado público, que pasan electricidade a máis de 7.000 puntos de luz.

"A intención do goberno local é conseguir conter o recibo do subministro eléctrico, grazas ao plan de aforro enerxético no que se investiu nos últimos anos, e continuar analizando o gasto nas diferentes parroquias e edificios municipais, co fin de reducilo e, á vez, optimizar o servizo", explica o concelleiro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones