Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño móllase polos ríos participando na limpeza simultánea impulsada por Adega

A actividade celebrarase o vindeiro domingo 29 de setembro, con saída ás 10.45 dende a Praza do Seixo e regreso ás 14.00 h.

Organizada pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración da OMIX de Tomiño, o centro terapéutico Alborada e o CEP Pedro Caselles, que adiantará a actividade ao venres 27

Fecha: 28 de Septiembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis, o Concello de Tomiño colabora coa limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro Proxecto Ríos participando o vindeiro 29 de setembro nunha xornada de retirada de lixo da beira do río coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á cidadanía. Baixo o lema ‘Móllate polos ríos' a Concellería de Medio Ambiente organiza xunto coa OMIX de Tomiño unha actividade que contará coa colaboración do Centro Terapéutico Alborada e do CEP Pedro Caselles, que como cada ano adiantará a actividade ao venres 27 para que o alumnado do centro recolla lixo cunha andaina polas marxes do río Pego ao seu paso por unha zona próxima ao colexio do río Pego.

O punto de encontro da actividade será a Praza do Seixo (diante da porta do Concello), dende onde ás 10.45 h os voluntarios e voluntarias sairán camiñando cara o río da Pedra, aproveitando para retirar lixo polo camiño. Unha vez no río revisaranse as beiras e os arredores en busca de restos a limpar para estar de volta na Praza do Seixo ás 14.00 h. Dende o Concello están estudando a posibilidade de facer unha exposición co lixo atopado no posto informativo de compostaxe que se habilitará no Biomercado.

A actividade está aberta a todos os públicos. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta recollida poden inscribirse en https://tomino.gal/limpeza-simultanea-de-rios-2019/ , aínda que non é imprescindible. Recoméndase levar roupa cómoda para camiñar, protección solar e gorra e calzado para a auga ou de recambio por se se molla durante a actividade.

O Concello facilitará ás persoas participantes luvas, posibles pinchos para recoller lixo en sitios pouco accesibles, sacos plásticos ou capachos para o lixo e auga para os voluntarios e voluntarias.

Dende a concellería de Medio Ambiente anímase a todas e todos os tomiñeses a participar nesta actividade na que colaboran máis de 50 concellos de toda Galicia e coa que xa se conseguiu retirar miles de quilogramos de refugallos de moitos ríos galegos grazas as limpezas anteriores.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones