Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño no Encontro da Rede Española de Cidades das Nenas e Nenos do proxecto Tonucci, que reúne en Pontevedra a representantes de todo o Estado

O Concello de Tomiño asiste a este encontró coa finalidade de expor a súa experiencia co proxecto -Camiños Escolares-

O Concello de Tomiño asiste a este encontró coa finalidade de expor a súa experiencia co proxecto -Camiños Escolares-

Fecha: 27 de Mayo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Encontro da Rede Española de Cidades das Nenas e Nenos do proxecto do pedagogo Francesco Tonucci reúne este xoves e venres en Pontevedra a preto dun cento de representantes de concellos e diferentes entidades de todo o Estado. A intención deste encontro é poñer en común o traballo feito durante o último ano no desenvolvemento de políticas que permitan aumentar a autonomía das crianzas, tanto desde o punto de vista educativo, como do espazo urbano.

O Concello de Tomiño asiste a este encontró coa finalidade de expor a súa experiencia co proxecto "Camiños Escolares", cuxo obxectivo primordial é que nenas e nenos podan desprazarse de forma autónoma aos seus centros educativos. Dentro dunha primeira etapa de diagnose, realizáronse actividades nas aulas de 5º e 6º de Primaria do centro Pedro Caselles e saídas de recoñecemento no terreo, guiadas polo equipo técnico que redactará o proxecto definitivo.

Segundo explicou o vicepresidente Mosquera, o encontro ten lugar en Pontevedra logo da decisión unánime tomada na edición do pasado ano tras a proposta do propio Francesco Tonucci, que considera Pontevedra o exemplo práctico dunha cidade pensada e feita para as nenas e nenos e, en xeral, para as persoas.


Neste marco, onte realizouse unha visita guiada á exposición "Imaxinar a educación. 50 anos con Frato" e visitouse o contorno da praza de Barcelos para coñecer a transformación dese espazo público, tras unha proposta das rapazas e rapaces do centro escolar. Xa pola tarde, houbo un relatorio sobre o "Modelo Pontevedra" a cargo do vicepresidente e concelleiro en Pontevedra, César Mosquera, e do deputado de Mobilidade, Uxío Benítez.


Este venres adicouse a mañá ao traballo interno da rede, con sesións diferenciadas de debate en tres seminarios: autonomía, onde se falará dos camiños escolares; planificación compartida e espazo público, onde se formularán as actuacións urbanísticas dos concellos; e o "consello das nenas e nenos", a fórmula que propón Tonucci para artellar a comunicación entre as propostas das crianzas sobre a súa cidade e os seus alcaldes.


Pola tarde o debate xirará arredor do funcionamento da Rede Española de Cidades no relacionado á súa estrutura e esixencias e condicionantes para poder permanecer dentro do proxecto de "Cidades das nenas e nenos".


Asistentes
No Encontro da Rede de Cidades das Nenas e Nenos está presentes representantes das universidades de Santiago, de Vigo, do País Vasco e Zaragoza, así como do Innobasque, do Parque das Ciencias de Granada, do Museu Blau de Barcelona, e da Asociación Pedagóxica Frato, como entidades. En canto a administracións locais haberá representación de Granada, Picanya, Rubi (Barcelona), Bilbao, Aldaia, Lleida, Fuerteventura, Barcelona, Carbajosa de la Sagrada (Salamanca), Solasgune (Biscaia), Xaén, Erandio, Guipúscoa, Huesca, Tolosa, Ermua e outras localidades estatais, xunto con membros da rede provincial xestionada pola Deputación (Pontevedra, Tomiño, Cambados, Nigrán, O Grove, Catoira, A Guarda, Silleda, Arbo, Redondela, Salceda de Caselas, Lalín, As Neves, Ponteareas e Cangas).


Desde Italia esán presentes tres representantes do Laboratorio Internacional do Consiglio Nazionale delle Ricerche de Roma (Daniela Renzi, Antonella Prisco e Chiara Belingardi), así como dúas representantes da Regione di Lazio, Alessia Paplomatas e Marta Letizia, que traballarán a modo de coordinación co proxecto de Tonucci en Roma.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones