Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño oferta varios postos vacantes nos mercados de Tomiño e Goián

As instalacións, recentemente reformadas, constitúen un marco atractivo e moderno para o pequeno comercio

As instalacións, recentemente reformadas, constitúen un marco atractivo e moderno para o pequeno comercio

Fecha: 01 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Os mercados municipais de Tomiño teñen de forma permanente as portas abertas ao emprendemento. O Concello, interesado en contribuír á creación de novos postos de traballo e, ao mesmo tempo, dinamizar o tecido comercial dos núcleos urbanos, da conta da existencia de varios postos vacantes, tanto no mercado do Seixo, coma no de Goián; este último abrirá as súas portas en breve, tras unha completa remodelación, levada a cabo polo Concello.

Deste xeito, todas as persoas interesadas en crear o seu propio negocio, poden optar a calquera dos espazos de venta que aínda quedan dispoñibles nos mercados de Tomiño e Goián.

O mercado situado no núcleo máis céntrico de Tomiño conta con postos vacantes para a venda de peixe e marisco (planta baixa) dentro da zona denominada ‘Illa do mar', e con outros destinados ao comercio alimentario polo miúdo, ou ben, comercio en xeral, no primeiro andar. En Goián, a nova praza de abastos, dispón de postos vacantes para a venda de froita e de comercio en xeral, alimentario ou non.

Todos os postos que se ofertan dispoñen dos servizos de luz, auga, climatización, etc. e algúns teñen parte do mobiliario ou estantes para a exposición de mercancías.

O concelleiro de Promoción Económica, Antonio Tartaglione, considera a oferta municipal destes postos vacantes, unha alternativa moi atractiva para as persoas emprendedoras que queiran traballar no comercio de alimentos frescos ou manufacturados, ou tamén no comercio polo miúdo en xeral. "O pago dun canon inicial, da dereito de uso durante 15 anos dun posto remodelado, moderno, céntrico e ben acondicionado, cumprindo as expectativas tanto das persoas interesadas en emprender, coma dos consumidores e consumidoras", comenta o edil. Ademais, cada espazo leva asociada unha taxa mensual para contribuír aos gastos de uso conxunto do mercado.

Para iniciar os trámites de solicitude a xente interesada pode poñerse en contacto co Concello de Tomiño, chamando ao teléfono 986 622 001, ou ben, enviando un correo electrónico ao Departamento de Desenvolvemento Local (carmen.fernandez@tomino.gal).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones