Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño ofrece cen prazas públicas de educación infantil a partir deste ano

As dúas escolas infantís públicas de Tomiño teñen lista de agarda, pero en algúns tramos de idade aínda quedan vacantes

As dúas escolas infantís públicas de Tomiño teñen lista de agarda, pero en algúns tramos de idade aínda quedan vacantes

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Junio de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

No día de onte publicáronse as listaxes definitivas de nenos e nenas admitidos e en lista de agarda, nas dúas escolas infantís públicas que posúe o concello de Tomiño, despois de que remataran as obras na parroquia de Goián, onde se sitúa o segundo centro de educación infantil, con 60 prazas.

O período de matrícula será do 1 ao 10 de xuño, tendo que pasar as persoas interesadas pola escola infantil do Seixo, co fin de recoller a documentación necesaria (tamén os de Goián).

Segundo as listaxes publicadas, no Seixo están todas as aulas completas, con 7 nenos/as na aula de 0-1 anos; 12 na de 1-2 anos, e 19 na de 2-3 anos.
En lista de agarda quedaron 16 cativos (sumando os tramos de 1-2 e 2-3 anos, xa que os bebés non teñen lista de espera).

Na nova escola infantil, situada na antiga casa médica de Goián, e cuxas obras veñen de rematarse cun investimento superior aos 600.000 euros, aínda quedan 5 vacantes na aula de 0-1 anos, mentres que as 2 aulas de 1-2 anos están completas xa, con 24 crianzas. O mesmo que a aula de 2-3 anos, con 19 cativos/as.
-En lista de agarda (sumando 1-2 e 2-3 anos ) teñen xa 10 nenos/as.

Os bebés nados nestes meses están a tempo aínda de conseguir unha praza, podéndose entregar a documentación ata o día 31 de agosto.

Os doutros grupos de idade tamén poden inscribirse, neste caso, para entrar na listaxe de agarda.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, responsable de Educación, anima ás familias a apuntar aos seus fillos e fillas, xa que aínda poden lograr unha praza pública, coas vantaxes que iso conleva para eles.

Datos demográficos de interese
A día de hoxe, en Tomiño hai 418 nenos/as de 0 a 3 anos.
3651 peersoas comprendidas no tramo de idade de 20 a 40 anos, en idade potencial de ter fillos.
A poboación total tomiñesa ascende aos 13.868 habitantes repartidos en 15 parroquias, cunha superficie total de 106 km. cadrados.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí