Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño ofrece un servizo para baleirar as fosas sépticas de modo rápido, seguro e económico

Para solicitar o servizo, o titular da vivenda non pode estar conectado á rede de saneamento ou estar situado a máis de 50 metros da mesma

Para solicitar o servizo, o titular da vivenda non pode estar conectado á rede de saneamento ou estar situado a máis de 50 metros da mesma

Fecha: 24 de Enero de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño, a través da Concellería de Medio Ambiente, ofrece á cidadanía o Servizo municipal de Baleirado de Fosas Sépticas, coa finalidade de facilitar o acceso á limpeza de pozos negros e fosas sépticas a todas as vivendas que, pola súa localización, non contan con saneamento.

Para intentar axudar as 2962 vivendas (o 44% dun total de 6692) que aínda non teñen acceso á rede de saneamento, o devandito servizo comezou a funcionar en febreiro 2017. Dende entón realizáronse en 10 meses, 125 baleirados, catro veces máis que no ano 2016 no que se practicaron, por parte de outros xestores autorizados, só 28 baleirados na EDAR de Augas de Galicia.


As principais vantaxes deste servizo, subvencionado en parte polo Concello, son o correcto traslado e xestión dos residuos na correspondente estación depuradora de augas residuais (EDAR); o respecto total ao medio ambiente e á sanidade; a facilidade e a rapidez, e por último, unha importante bonificación económica para os veciños e veciñas, que so terán que abonar 20 euros polo primeiro baleirado (os primeiros 4 metros cúbicos), gozando da exención de tarifa aqueles fogares que polas súas circunstancias, conten con informe favorable dos Servizos de Benestar Social do Concello.

Para solicitar o Servizo de limpeza de Fosas Sépticas e Pozos Negros, o titular da vivenda debe dirixirse primeiro á empresa AQUALIA e pedir un certificado de non estar conectado á rede de saneamento, ou ben, estar situado a máis de 50 metros da mesma (se está a menos é obrigatorio conectarse). Asemade, debe pasar polo Concello para inscribirse no Rexistro de Fosas Sépticas e Pozos Negros do Concello e cubrir unha solicitude (de autorización para o baleirado), que se cubre so a primeira vez que se solicita o servizo.


O titular debe pagar previamente as taxas correspondentes (20 euros polos primeiros 4m3 e 40 euros para o resto, dentro do mesmo ano natural). Para facelo pode recoller o impreso no departamento de Intervención do Concello, ou conseguilo vía web (https://tomino.gal/medio-ambiente/ ).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones