Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño organiza obradoiros onde aprender estratexias para afrontar a crianza dun xeito positivo

As actividades desenvolveranse ao longo dos meses de abril e maio e haberá servizo de gardería, para que pais e nais poidan asistir aos actos con maior tranquilidade

As actividades desenvolveranse ao longo dos meses de abril e maio e haberá servizo de gardería, para que pais e nais poidan asistir aos actos con maior tranquilidade

Fecha: 05 de Abril de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A Concellería de Servizos Sociais, a través do Departamento de Educación Familiar, organiza o programa "Benestar en Familia", entre os días 4 de abril e 9 de maio. A actividade consiste nunha serie de encontros (charlas) e obradoiros dirixidos a familias con nenos e nenas de até 6 anos, que desexen aprender estratexias e pautas para afrontar a crianza dun xeito positivo.

A primeira das actividades programadas é o obradoiro "Medrando co meu bebé" (para familias con fillos e fillas de entre 3 e 12 meses, que terá lugar o vindeiro mércores 4 de abril, na Escola Infantil Galiña Azul de Tomiño, entre as 17.30 e 18.30 horas. Impartida por persoal técnico de ADIAF (Asociación de Desenvolvemento Infantil e Atención Familiar), a actividade terá coma obxectivo principal "acompañar ás familias no crecemento, proporcionándolles estratexias, ferramentas e recursos de apoio ao longo da primeira etapa de vida dos seus cativos e cativas", explicou a concelleira Cristina Martínez, sinalando ao mesmo tempo, a intención de tender unha rede de apoio e intercambio de experiencias entre familias e profesionais.

Asemade, traballarase co "Libro Blanco da Atención Temperá", a prevención e detección de necesidades nas áreas de linguaxe, psicomotricidade, áreas cognitiva, sensorial, etc.

Por outra banda, o vindeiro xoves 5 de abril terá lugar na Casa da Cultura, ás 17.30 horas, a primeira das charlas programadas, titulada "Como protexer sen protexer", e impartida polo psicólogo e terapeuta familiar José Cardama Barrientos. Haberá servizo de canguros, pero é preciso anotarse previamente, chamando ao Concello en horario de mañá (986 62 20 01/03).

Acompañamos cartaz co resto da información e programación detallada das actividades, datas e horarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones