Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO ORGANIZA SEMINARIOS DE CROWDFOUNDING E OUTROS MODOS DE FINANCIAMENTO, DIRIXIDOS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES LOCAIS QUE QUEIRAN POR EN MARCHA ACCIÓNS E PROXECTOS SEN FONDOS PROPIOS

As accións comezarán en marzo, e a Concellaría de Educación comunicará en breve os horarios de realización (días laborables a partir das 19hs., ou ben, fins de semana)

As accións comezarán en marzo, e a Concellaría de Educación comunicará en breve os horarios de realización (días laborables a partir das 19hs., ou ben, fins de semana)

Fecha: 14 de Febrero de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

TOMIÑO ORGANIZA SEMINARIOS DE CROWDFOUNDING E OUTROS MODOS DE FINANCIAMENTO, DIRIXIDOS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES LOCAIS QUE QUEIRAN POR EN MARCHA ACCIÓNS E PROXECTOS SEN FONDOS PROPIOS
As accións comezarán en marzo, e a Concellaría de Educación comunicará en breve os horarios de realización (días laborables a partir das 19hs., ou ben, fins de semana)

Tomiño, 13 de febreiro de 2015.- A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño, que dirixe Cristina Martínez, considera de gran importancia poñer ao alcance do tecido asociativo do municipio, a formación necesaria para que as entidades locais poidan acceder a distintos tipos de financiamento.
Por este motivo, a devandita concellaría, organiza un par de seminarios gratuítos dirixidos especialmente a entidades, asociacións, clubs, etc. do concello.
Por unha parte, ofrécese un Seminario de Crowdfunding (ou financiamento colectivo), onde as persoas asistentes aprenderán que tipo de proxectos son máis axeitados para un micromecenazgo; coñecerán as diferentes plataformas estatais e internacionais de financiamento e aprenderán os pasos para presentar un proxecto, co obxectivo de acadar fondos procedentes de doazóns.
Por outra banda, organízase un Seminario de Financiamento, co fin de que os membros das entidades e/ou asociacións, coñezan as distintas axudas que existen por parte das diferentes Administracións (Concello, Deputación, Xunta de Galicia e Comisión Europea) e aprendan a realizar proxectos, así coma a cubrir formularios e presentar subvencións.
"Dende o departamento de cultura, non queremos adoptar unha postura paternalista, senón darlle á cidadanía as ferramentas necesarias para a autoxestión", explica Cristina Martínez. Por este motivo, considera moi importante que, a lo menos, unha persoa de cada entidade ou asociación, asista aos seminarios.
Estes comezarán no mes de marzo, razón pola cal estanse a planificar os horarios (días laborables a partir das 19hs., ou ben, fins de semana). A concelleira indica que "está aberto o prazo de inscrición a prezo cero". Só é necesario enviar un correo electrónico cos nomes e apelidos das persoa/s asistente/s, ou asociación, así coma un número de teléfono de contacto.


SEMINARIO DE CROWDFUNDING

Obxectivos:

1. Aprender qué tipo de proxectos son axeitados para o micromecenado (crowdfunding), cómo formulalos e desenvolvelos.
2. Coñecer as distintas plataformas estatais e internacionais de finanzamento colectivo.
3. Como presentar un proxecto e comunicalo.

Ao final do curso cada asistente terá unha visión completa do crowdfunding e os instrumentos para desenvolver o seu proxecto con éxito.

Destinatarios:

Emprenderores, Mocidade e Creativos, profesionais do Arte, Literatura, Cinema e Cultura, en xeral.

Temario:

1. Antecedentes do crowdfunding e estatísticas.

2. As claves do éxito do fenómeno crowdfunding.
• Consumo colaborativo.
• Crowdfunding como alternativa as subvencións públicas e as entidades bancarias.
• Crowdfunding y crowdsourcing.
3. Tipoloxias de crowdfunding en función dos proxectos.

4. Plataformas de crowdfunding.
• Ith Crowdfunding.
• No estado español e Latinoamérica.
• A nivel internacional.
5. Claves do éxito dun proxecto.
• A idea.
• As recompensas: o deseño.
• O video.
• As mostras.
• Os textos.
• A comunidade: a comunicación offline e Social Media.
• A regra 30/90/100.
• O post crowdfunding.
6. Casos de éxito.

7. Lexislación e sinerxias con outras plataformas de finanzamento.

8. Obradoiro práctico: auditoría de proxectos e ideas dos alumnos.

Os formadores:

Iván L. Gimeno é Digital Project Manager e Asistente Técnico en IthCrowdfunding.org. Con ampla experiencia no eido audivisual desenvolvendo proxectos como escritor, guionista e produtor, ten promovido e colaborado en diferentes campañas de crowdfunding como as da película "Estirpe" ou a incubadora de proxectos no eido da economía colaborativa e creativa Zinc Shower.

Uxío Novoneyra Rei é Consultor de proxectos, redes e comunidades. Coordinador da plataforma ithcrowdfunding.org, plataforma de micromecenado para proxectos literarios da Fundación Uxío Novoneyra. Socio/DirCom da consultora e distribuidora Caligrama Xestión Cultural e a editora Abooks.

Duración: Seminario de 8 horas repartido nunha/dúas xornadas, cun obradoiro práctico de 2 horas.


SEMINARIO DE FINANCIAMENTO PARA ASOCIACIÓNS E ENTIDADES CULTURAIS
Obxectivos:
1. Aprender qué tipo de proxectos son axeitados para a busca de finanzamento local e autonómico.
2. Coñecer as distintas axudas e finanzamentos locais, autonómicos, estatais i europeos.
3. Como presentar una petición de axuda e comunicala.
4.
Ao final do curso cada asistente terá unha visión iniciática do finanzamento cultural e os instrumentos para desenvolver a súa proposta de financiamento con éxito.
Destinatarios:
Emprendedorxs, Mocidade, Creativxs, membrxs de asociacións culturais e axentes do Arte, a Literatura, o Cinema e a Cultura, en xeral.
Temario:
1. Antecedentes e estatísticas das axudas.
2. As claves do éxito nunha proposta de subvención.
• Excelencia documental.
• Mix financeiro.
• Creación de partenariados.
3. Tipoloxias de axudas.
4. Entidades financiadoras.
• Concellos e deputacións.
• Xunta de Galicia
• Ministerio de Cultura
• Comsión Europea (EACEA)
5. Claves do éxito dun proxecto.
• A idea. O deseño da proposta.
• A xestión proposta do proxecto e o financiamento acadado.
• O plan de comunicación.
• Os produtos do proxecto.


6. Casos de éxito.

7. Obradoiro práctico: Deseño de propostas de financiamento para as diferentes administracións e entidades ligadas á cultura.
Os formadores:

Óscar Penín é Xestor Cultural e Consultor en Caligrama Xestión Cultural. Con ampla experiencia no eido da xestión cultural desenvolvendo proxectos como técnico, investigador e formador, ten promovido e colaborado en SOPA, ESCUA, A Bela Auria, AC ProNós 2020, a Fundación Uxío Novoneyra e a Fundación Quessada.

Uxío Novoneyra Rei é Consultor de proxectos, redes e comunidades. Coordinador da plataforma ithcrowdfunding.org, plataforma de micromecenado para proxectos literarios da Fundación Uxío Novoneyra. Socio/DirCom da consultora e distribuidora Caligrama Xestión Cultural e a editora Abooks.

Duración: Seminario de 8 horas repartido nunha/dúas xornadas, cun obradoiro práctico de 2 horas.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones