Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño participa como modelo de boa xestión nas Xornada -Os abastecementos veciñais a estudo. Propostas de xestión-

A Xornada foi organizada pola Fegamp que escolleu a Tomiño e Abegondo como os municipios innovadores a nivel galego.

A Alcaldesa e a Concelleira de Medio Ambiente foron as encargadas de comunicar as experiencias no Concello de Tomiño.

Fecha: 22 de Junio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño foi escollido pola Fegamp xunto co Concello de Abegondo á nivel galego para explicar as xestións levadas a cabo en materia de auga e polo apoio ás comunidades de usuarios.

A participación de Tomiño correu a cargo da Alcaldesa, Sandra González, que explicou a xestión do Concello de Tomiño en materia de auga, e a Concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, quen detallou máis polo miúdo as actuacións concretas do Concello nesta materia. A comunicación levaba por título "Plan Plurianual do Concello de Tomiño para apoiar ás comunidades de augas" e deu a coñecer as accións desenvolvidas do Concello de Tomiño en materia de administración sanitaria, apoio técnico e liña de axudas en colaboración coas comunidades de usuarios do municipio e Coxapo.

A Alcaldesa destacou a labor dos veciños e veciñas que nos anos 60´ investiron na creación dunha rede de abastecemento dando servizo aos fogares dun ben de primeira necesidade como é a auga. Estas actuacións se levaron a cabo en todas as parroquias do municipio suplindo unha labor da administración pública, naquelas anos case inexistente.

Na súa intervención, a Alcaldesa lembrou o valor patrimonial e cultural que ten a auga e que ten que ver cos esforzos dos veciños e veciñas que de xeito desinteresado desenvolveron unha labor que significou benestar e progreso. Segundo a Alcaldesa "o Concello ten unha obriga coas comunidades de augas pola labor que desenvolveron durante todos estes anos." Tamén destacou que "a actuación municipal a través do plan plurianual ten como finalidade a mellora integral de todas as traídas e que nun prazo de 5 anos todas cumpran coa normativa actual na materia".

Pola súa banda, a Concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Vázquez, explicou a liña de axudas do 2018 e que foron publicadas o pasado 3 de maio. O Plan plurianual deste 2018, explicou a Concelleira, materialízase nunha liña de axudas competitivas destinada a co financiar proxectos para mellora dos sistemas de captacións de augas, como poden ser fontes, pozos ou o entorno dos mesmos. Por outro lado, a mellora dos sistemas de almacenamento e potabilización, como os depósitos e equipos de filtrado, decantación e cloración. E por último, o terceiro obxectivo da liña de axudas é a extensión ou mellora dos sistemas de distribución de auga.


Ademais da liña de axudas competitivas, o Concello co financia, para todos os comunidades de augas, unha serie de investimentos e gastos asociados coa mellora na transparencia e publicidade do estado das augas, coa potabilización obrigada das augas de consumo, e coa documentación que as comunidades deben ter obrigadamente. Entre estas axudas directas e xeralizadas, están os controis obrigatorios da calidade das augas, os consumibles para a cloración e a elaboración de Protocolos Sanitarios ou inscrición no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo.


A Concelleira de Medio Ambiente, fixo un balance da situación actual das comunidades de augas do municipio en base a nova normativa na materia. María Xosé Vázquez, contabilizou dun total de 31 comunidades de augas, 22 están en poder do certificado dixital, 28 teñen elaborado o protocolo sanitario, 26 contan con checker para realizar analíticas e 12 están dadas de alta no SINAC (Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).


Segundo a Concelleira, María Xosé Vázquez, "o obxectivo do plan plurianual de apoio ás comunidades de augas veciñais é que nun prazo de 5 anos todas acaden a maior calidade da auga. Mais tamén é un reto para nós que as comunidades de usuarios acaden a dignificación, a valoración e o recoñecemento social polo seu esforzo e traballo desinteresado ao longo de máis de 50 anos".

A Fegamp organizou esta xornada co fin de promover a reflexión e o aproveitamento de sinerxías entre os concellos galegos para que afronten a regularización sanitaria e administrativa dos abastecementos veciñais do seu territorio, apoiándose en experiencias e procedementos xa implementados, e que lles poden facilitar o percorrido deste camiño como son os casos de Tomiño e Abegondo.

O encontro estaba dirixido ao persoal ao servizo das administracións públicas, alcaldes, concelleiros, comunidades de usuarios e interesados en xeral. A xornada tivo lugar no salón de actos do Edificio Cersia en Santiago de Compostela en horario de 9 a 14h.


A Alcaldesa de Tomiño, Sandra González, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida das iniciativas levadas a cabo dende o Concello de Tomiño e que estas actuacións conxuntas coas comunidades de usuarios xestionas por veciños e veciños e coa colaboración de Coxapo sexan escollidas como exemplo de xestión a nivel de toda Galicia. Segundo a Rexedora "no Concello de Tomiño levamos tempo traballando de xeito directo coas traídas de augas que xestionan un ben de primeira necesidade como é a auga. Unha xestión responsable e exemplar que dende o Concello de Tomiño valoramos de xeito positivo e coa que colaboramos de activamente".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones