Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño participa no III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas e dos Nenos

Acudiu a este evento en Huesca, onde formou parte en varios grupos de traballo sobre participación infantil en políticas públicas

Acudiu a este evento en Huesca, onde formou parte en varios grupos de traballo sobre participación infantil en políticas públicas

Fecha: 23 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño quere deseñar o seu futuro á medida dos nenos e das nenas, para que poidan fomentar a súa participación e involucralos no devir de políticas públicas que permitan aumentar a autonomía de rapaces e rapazas, tanto desde o punto de vista educativo como do espazo urbano. Por este motivo, acudiu estes días ao III Encontro da Rede Nacional da Cidade das Nenas e Nenos que se celebrou en Huesca e que reuniu a representantes de concellos e de diferentes entidades xunto ao creador do proxecto, o pedagogo Francesco Tonucci.

Durante dous días a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, formaron parte dos grupos de traballo para poñer traballo en común e analizar as políticas públicas desde a participación infantil, as experiencias, a investigación e a innovación para crear un proxecto de cidade para toda a cidadanía. "Estamos aprendendo cos mellores, como o ideólogo do proxecto. Cidades, vilas e pobos de todo o estado traballando xuntos para aprender a darlle aos nosos nenos e nenas participación, para crear espazos urbanos de calidade e para seguir recollendo ideas", salientou a alcaldesa.

O Concello de Tomiño xa ten avanzado moito neste eido coa posta en marcha en decembro do Consello da Infancia e da Adolescencia, no que 10 rapaces e rapazas da vila traballan xuntos para mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes ao tempo que se fomenta a súa participación activa na vida municipal e a promoción de políticas locais que garantan o seu desenvolvemento integral.

Nestes dous días, os participantes neste terceiro encontro reflexionaron sobre as diferentes liñas de innovación en participación infantil que se levan a cabo e sobre a formación centrada na transversalidade do proxecto e participaron na charla sobre ‘A autonomía dos nenos e nenas, un dereito e necesidade para eles e un recurso para a escola e a cidade' impartida polo propio Francesco Tonucci.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones