Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño planifica as actividades do programa de Voluntariado para o vindeiro ano

Esta semana mantiveron unha reunión para avaliar a programación realizada ao longo deste ano e organizar as actividades de cara ao 2018

Esta semana mantiveron unha reunión para avaliar a programación realizada ao longo deste ano e organizar as actividades de cara ao 2018

Fecha: 11 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O programa de voluntariado do concello de Tomiño naceu no ano 2003 co obxectivo de ser unha referenza clara na organización de persoas que de xeito activo participen en distintas actividades municipais. Dende ese momento, 118 mozos e mozas colaboraron nas actividades de voluntariado local tomiñense.

Esta semana parte do grupo de voluntariado local reunise en instalacións do concello para aaliar a programación realizada ao longo deste ano e para organizar as actividades de cara ao vindeiro 2018, xa que a programación anual é deseñada de xeito conxunto a través da participación e cooperación real e efectiva.

O programa de voluntariado do vindeiro ano recolle accións tan dispares como a realización dunha campaña de adopción de cans e gatos en colaboración con protectoras de animais locais; a celebración do Día do Orgullo Agro LGTBI; ‘Barferencias', charlas de carácter informal en bares e cafeterías sobre a posta en valor do medio rural e baseadas no emprendemento social e diferentes actividades relacionadas coa igualdade de xénero.

Ademais, os voluntarios e voluntarias participarán na conmemoración do Día das Letras Galegas e un concurso de deseño dunha camiseta relacionada co 17 de maio, na recollida de lixo en kaiak, na creación dun club de lectura, nun faladoiro de inglés e na elaboración dun blogue e/ou unha web de voluntariado.

Lucía González foi a primeira voluntaria en darse de alta no servizo o 29 de xuño de 2004. Dende entón ademais do voluntariado local, a OMIX acadou no 2012 a acreditación como entidade de acollida e envío de Servizo de Voluntariado Europeo en en xuño dese mesmo ano 5 mozos e mozas participaron nun intercambio na República Checa e en setembro de 2012 Tomiño recibía ás primeiras voluntarias europeas dentro deste programa, Marin de Estonia e Iwona de Polonia. Despois de varios intercambios internacionais, no ano 2016 a través dun convenio Erasmus PLUS asinado cunha universidade alemana Anja Heinz realizou as súas prácticas durante tres meses en Tomiño e este ano asinouse un novo convenio con esa universidade para acoller a Jessica Schröder. En canto ao de voluntariado local, Paloma Bravo foi a última moza en darse de alta no programa o pasado 24 de outubro.

Os mozos e mozas interesados en recibir máis información deberán contactar coa OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil ).
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones