Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño pon en marcha a Oficina Municipal de Igualdade cun servizo de asesoramento xurídico á muller

O horario de atención ao público será luns e mércores, de 16.30 a 20.30 horas, nas instalacións dos Servizos Sociais municipais, previa petición de cita no 986 622 002

O servizo ponse en marcha grazas á subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para actuacións comprendidas até o 31 de decembro deste ano

Fecha: 15 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de por en funcionamento a Oficina Municipal de Igualdade, cun servizo de asesoramento xurídico, que empezará a atender ao público o vindeiro luns, 17 de outubro, tras dedicar os primeiros días á organización e contactos cos axentes e institucións locais.

A través desta nova oficina, ofrecerase asesoramento e orientación, tanto en asuntos de Dereito de Familia, coma el calquera outro ámbito relacionado coa igualdade, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero, mulleres en situación de vulnerabilidade ou con dificultades especiais.
Asemade, darase información sobre recursos existentes, e xestionarase a derivación a outros servizos da Administración, se fora necesario.

En colaboración con outros servizos municipais, canalizaranse actuacións que poida levar a cabo o Concello co fin de fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, e prevención da violencia machista.

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, o servizo ponse en marcha grazas á subvención concedida pola Deputación de Pontevedra para actuacións comprendidas até o 31 de decembro deste ano.

O horario de atención ao público será luns e mércores, de 16.30 a 20.30 horas, nas instalacións dos Servizos Sociais municipais, previa petición de cita no teléfono 986 622 002.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones