Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Tomiño, pon en marcha as actividades de verán coa participación de centos de nenos e nenas

Paralelamente, están a piques de empezar outras propostas, coma o campus de rugby, e de fútbol

Paralelamente, están a piques de empezar outras propostas, coma o campus de rugby, e de fútbol

Fecha: 05 de Julio de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

Un centenar de nenos e nenas acoden dende esta semana ao campamento urbano organizado polo Concello de Tomiño, dentro das actividades de verán.

Todas as mañás, de 9 a 14 horas, debuxan, aprenden, fan manualidades, xogos cooperativos e un longo etcétera.

Divididos en dous grupos, por idades (3 a 6 e 7 a 12 anos), comparten as súas inquedanzas con nove monitores, tres de eles en prácticas.


Esta semana terán cociña e a visita do mago "Samu" coma novidades. Algúns repiten experiencia e outros veñen por primeira vez, coma Xabi, 8 anos, de Barrantes, ou Marta, 9 anos, de Areas (Tui). Ao primeiro gústalle todo o que fan, mentres que a segunda prefire os xogos en grupo. Unha das monitoras, Lorena Méndez, de Chirlo Mirlo, corrobórao: "o que máis lles gusta son os xogos libres".

Nesta semana comezaron tamén os campus de tenis e padel, con máis de 50 persoas apuntadas. O monitor Fabián Gutiérrez Corvetto , salienta a aceptación cada vez maior deste tipo de deportes até o de agora minoritarios, situación que no caso de Tomiño é posible tamén polas pistas da Área do Mosteiro, anexas ao colexio Pedro Caselles, arranxadas polo Concello recentemente.

Paralelamente, están a piques de empezar outras actividades, coma o campus de rugby, piragüismo e fútbol; este último, do 16 ao 28 de xullo, nos campos do Regatiño e da Carballa, ou as actividades artísticas, para público infantil e adulto, organizadas polo Concello na Aula Museo Pintor Antonio Fernández, e outras nas que se conta coa participación do Grupo de Voluntariado Local, constituíndo un complemento ideal para a programación cultural de verán (O Son da Praza, visitas guiadas por rutas de valor ambiental, histórico, arqueolóxico, etc.).

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o carácter amplo e inclusivo da axenda de verán, deseñada pensando en ofrecer actividades para todos os públicos, de xeito que tomiñeses e tomiñesas teñan alternativas de ocio de calidade e, na súa maioría, de balde, durante a época estival. Asemade, dende o Concello búscase axudar a conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan fora da casa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí