Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño pon en marcha -Medrando en Familia-, un programa socio-educativo para previr situacións de marxinación social

Os dous primeiros obradoiros, -Medrando e xogando- e -Xogando e explorando-, comezan o vindeiro venres, 9 de novembro, na Escola Infantil do Seixo

Os dous primeiros obradoiros, -Medrando e xogando- e -Xogando e explorando-, comezan o vindeiro venres, 9 de novembro, na Escola Infantil do Seixo

Fecha: 09 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño pon en marcha o vindeiro venres, 9 de novembro, o programa socio-educativo "Medrando en Familia", co obxectivo de influír no benestar dos máis cativos, a través dun proxecto de intervención socio-comunitario, centrado prioritariamente nas familias con menores de 6 anos.

Os dous primeiros obradoiros, "Medrando e xogando" e " Xogando e explorando", comezan o vindeiro venres, 9 de novembro na Escola Infantil do Seixo; de 16.30 a 18.00 horas o primeiro, e de 18.30 a 19.30 horas o segundo. O primeiro deles está dirixido a familias con bebés de 10 a 18 meses, e o segundo a familias con nenos e nenas de entre 19 e 36 meses, que traballarán temas de psicomotricidade, autonomía, confianza, etc.

O seguinte venres, 16 de novembro, ás 17.00 horas, comezará o terceiro obradoiro, "Medrando co meu bebé" de aprendizaxe motora, para familias con bebés de 3 a 9 meses.

Por outra banda, o luns 26 de novembro celebrarase a charla "Cos xoguetes non se xoga", a cargo de Noelia Comesaña Rodríguez, psicóloga e psicoterapeuta familiar. Será na Casa da Cultura, ás 18.00h e haberá servizo de canguros, sendo necesario inscribirse previamente (Departamento de Benestar. A Rocha, 8.Teléfono 986 622 001; benestar@tomino.gal).

Por último, o programa propón unha sesión de teatro interactivo, con "Minia convídate a xogar", dirixida a menores de 6 anos. Será o domingo 16 de decembro ás cinco da tarde na Casa da Cultura (aforo máximo 30 familias, polo que é necesario inscribirse previamente).

O programa, cofinanciado pola Obra Social La Caixa, abrangue tres áreas de intervención: espazos de encontro de carácter grupal, nos que abordar inquedanzas colectivas; obradoiros de traballo en familia, e intervencións individualizadas no entorno familiar.

A concelleira de Benestar, Cristina Martínez, explica que o obxectivo é "estimular o establecemento de pautas básicas no eido familiar, fomentando hábitos positivos de comunicación e interacción entre nais, pais e fillos ou fillas. "Consideramos que a través deste proxecto socio-educativo, centrado na estimulación temperá, podemos detectar e traballar, de maneira coordinada coa familia, dotándoa de recursos para previr a exclusión social, a pobreza educativa infantil, etc.".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones