Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño pon en marcha o programa de compostaxe comunitario en núcleos urbanos

A experiencia, organizada pola Concellaría de Medio Ambiente co apoio da Deputación de Pontevedra, comezou a semana pasada no Seixo, e esta en Goián, con perto de 300 persoas apuntadas

A experiencia, organizada pola Concellaría de Medio Ambiente co apoio da Deputación de Pontevedra, comezou a semana pasada no Seixo, e esta en Goián, con perto de 300 persoas apuntadas

Fecha: 01 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño vén de por en marcha o programa de compostaxe comunitario nos núcleos do Seixo e Goián. Perto de 300 persoas están participando no programa tras as diferentes charlas informativas levadas a cabo pola Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe María Xosé Vázquez, co obxecto de informar á veciñanza sobre as vantaxes de este tipo de tratamento de residuos orgánicos.

Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, a iniciativa enmárcase dentro do programa da concellalía, que tamén contempla compostaxe no rural, coa finalidade de diminuír a cantidade de lixo que vai ao colector verde. "Así conséguese un dobre obxectivo: reducir o impacto ambiental, evitando o transporte do mesmo a Cerceda e a súa posterior incineración, e ao mesmo tempo rebaixar os gastos asociados á recollida e tratamento de lixo, que na actualidade constitúen unha partida importante do orzamento municipal", sinala María Xosé Vázquez.

En Goián o centro de compostaxe comunitario está situado xunto á nova escola infantil e no Seixo, na rúa Gondomar, nunha pequena praza anexa ao Casino. Entre os interesados en participar no programa atópanse ademais de veciños e veciñas, cafetarías, restaurantes, panadarías, etc.

Manuel Gómez é o técnico encargado de levar adiante o programa, co apoio da Deputación de Pontevedra e o Concello tomiñés.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse nas oficinas xerais do Concello.

Para máis información, chamar á Concellaría de Medio Ambiente (986 62 20 01); á Deputación e preguntar por Manuel Gómez, técnico do Plan Revitaliza (986 80 41 00), ou ben, escribir un correo electrónico a manuel.gomez@depo.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones