Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño pon en marcha unha votación popular para escoller o nome do seu instituto

O Concello lanza un programa co instituto, para por en valor a educación pública e conectar o centro coa sociedade

O Concello lanza un programa co instituto, para por en valor a educación pública e conectar o centro coa sociedade

Fecha: 28 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño e o instituto de ensino secundario da localidade, lanzan unha iniciativa popular para recibir propostas e que a comunidade escolar e os habitantes do pobo participen, democraticamente, na escolla dun nome para o centro (a denominación oficial actual é IES Tomiño).

O procedemento arrancará o 3 de outubro, coa recollida de propostas, e rematará o 31 do mesmo mes, cando o consello escolar proceda a escrutar o resultado das votacións. O plan estará supervisado por un comité de selección, integrado polo director do instituto, Carlos Villanueva; a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e os expertos Albino Prada (doutor en economía do Foro Económico de Galicia), Daniel Pino (urbanista e sociólogo), Zara Pousa (presidenta da Fundación Xavier Pousa) e María Alonso (Premio Nacional de Traducción).

O proceso popular do bautizo é unha iniciativa pioneira, incluída no programa Educación da boa, posto en marcha no curso pasado, coa finalidade de promocionar o instituto e un ensino público de calidade.
"A nosa intención é que haxa unha vinculación maior entre o IES e a veciñanza, e que esta vexa coma algo propio o instituto, sentindo orgullo por el e polo seu bo nivel, e valorando a importancia dun sistema educativo público de calidade", explica a alcaldesa.

O programa inclúe, ademais do bautizo, unha estratexia de difusión, comunicación e divulgación, a través de RRSS (contidos para web e redes sociais para profesores, alumnado e familias); formación dun equipo de docentes na xestión do Facebook, etc.
Por último, o proxecto consta dun ciclo de 7 conferencias, que baixo o lema "que queres ser de maior?", buscan orientar aos estudantes na escolla dunha saída profesional.

O proxecto, patrocinado polo Concello de Tomiño, conta co apoio do consello escolar do instituto e da xunta directiva do profesorado. "A existencia dunha canle de comunicación fluída e eficaz entre todos os membros da comunidade educativa é vital para conseguir un clima de entendemento e colaboración entre alumnos, familias, docentes e persoal de servizos. Evítanse así malos entendidos que son un atranco para o obxectivo común, que é a educación, e que so acadaremos se conseguimos remar todos no mesmo sentido", asegura o director do IES, Carlos Villanueva..

Antes da posta en marcha do programa, realizouse unha enquisa entre alumnado e profesores, para coñecer as súas propostas e inquedanzas. Este estudo demoscópico permitiu medir o clima educativo do centro, as preferencias e tamén constatar a idea xeralizada da comunidade educativa sobre a necesidade de mellorar a comunicación e a conexión do centro co resto da sociedade.

No referido á calidade educativa do centro, esta quedou reflectida na enquisa, e confirmada cos resultados formativos do centro: os alumnos do instituto de Tomiño que este ano se presentaron ás probas de selectividade acadaron un pleno, cun 100% de aprobados e unha nota media de 6,87.

Resultados da enquisa
A enquisa realizada no mes de maio a 476 alumnos e profesores do IES de Tomiño outorga unha alta puntuación ao ambiente e clima de estudios no centro. O estudio revela que os estudantes valoran o uso comunicativo das redes sociais e demandan maioritariamente máis información sobre estudios, carreiras e profesións. Tamén amosa un elevado desexo de implicación de rapazas e rapaces que solicitan poder organizar directamente eventos e actividades.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones