Tres anos despois, a Asociación de Autónomos de comercio, hostelería e industria de Tomiño (ADETO) volve organizar a Festa do Comercio, o sábado 3 de setembro na Praza do Seixo, en colaboración co Concello de Tomiño e con financiación da Xunta de Galicia.
Ese día “o comercio sae a rúa” e na praza haberá numerosos postos de comercios que ofrecerán os seus produtos e informarán dos seus servizos. Pero non só iso, se non que durante todo o día haberá actividades infantís a cargo de MaNunú; demostracións deportivas con MeuFit; sesión vermú musical con Manu Pereyra; inchables de A Esgalla; un foodtruck e postos de comida de La Dulcekatta e da Comisión de Festas da Milagrosa; sorteos, desfile de moda, master class de zumba como peche de festa… e moito máis!
Dende Adeto convidan a todo o mundo a achegarse a Festa do Comercio para apoiar o comercio de proximidade e pasar un día agradable con música, comida, diversión e bo ambiente.


