Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño presenta a Senda do Miño en Madrid

Unha senda de 15 quilómetros de lonxitude á beira do río que prevé estenderse dende a ponte internacional da Amizade, en Tomiño, ata Tui.

Unha senda de 15 quilómetros de lonxitude á beira do río que prevé estenderse dende a ponte internacional da Amizade, en Tomiño, ata Tui.

Fecha: 09 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de Tomiño

A alcaldesa, Sandra González, reuniuse este xoves co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz, acompañada polo concelleiro Uxío Benítez e pola xefa provincial de Costas de Pontevedra, Cristina Paz-Curbera

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, reuniuse este xoves en Madrid co Subdirector Xeral para a Protección da Costa, Ángel Muñoz Cubillo, para presentarlle o proxecto da Senda do Miño, unha senda de 15 quilómetros de lonxitude á beira do río que prevé estenderse dende a ponte internacional da Amizade, en Tomiño, ata Tui.

A alcaldesa estivo acompañada na visita ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente pola xefa do Servizo Provincial de Costas de Pontevedra, Cristina Paz-Curbera; polo concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, e por un dos técnicos redactores do proxecto.

Durante a reunión o Subdirector Xeral de Protección da Costa recoñeceu que se trata dun proxecto importante e interesante que se desenvolve "nunha zona de gran valor ecolóxico e medioambiental" e amosou a disposición do Ministerio a establecer puntos de colaboración no futuro.

Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño manifestou a súa satisfacción pola boa acollida do proxecto. "Dende o goberno local estamos moi satisfeitos porque é importante que un organismo público da relevancia do Ministerio nos dea o seu apoio, xa que serve para visibilizar non soamente o río Miño senón tamén o propio concello de Tomiño", asegurou Sandra González tras a reunión en Madrid.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones